Encántanos o Escudo de Capitán América. Reproducímolo en tantos e tantos debuxos, que tivemos que argallar este escudo para levar para casa.
Aínda que antes de traballar en cartón, practicamos no folio. Debuxar círculos concéntricos, estrela no medio, e a pintalo fixándose na secuencia de vermello-branco-vermello e azul no centro.
Como a proba saiu bastante ben! Imos para adiante co cartón para construír o noso propio escudo! Iso sí, imos dicirvos o pequeno truqui-truco...Para que non se nos mesturase o vermello co azul, pintamos un pola maña, e pola tarde o outro! jijiji!
Ademais tiñamos na aula o escudo que nos trouxo Aleixo, o de verdade sí sí, o de verdade. E tamén outro que nos fixo na casa para nós, que tod@s queriamos un igual! A profe debuxou os círculos e nós a pintar. E ao final colocar a estrela.
Na que sorprendentemente nos podemos ver a nós mesmos, sabedes por que? Porque nós tamén somos Superheroes e Superheroínas!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario