Un dos recunchos que temos establecido este ano é A OBRA DE ARTE. Os Pimpíns teñen unha mesa adicada a este recuncho, onde teñen rotuladores de todo tipo, lápices, tesoiras, folios de cores, pegamentos, anacos de papeis de cores, anacos de goma eva, anacos de cartolinas, troqueladores, cuños e con eles van compoñendo a SÚA PROPIA OBRA DE ARTE. Ademais de fomentar a súa creatividade e traballar a motricidade fina.
Así saen auténticas marabillas que non están á venta nin por todo o ouro do mundo!!!
Isto é o que ten a profe enriba da súa mesa. Pódese ter un cadro máis bonito??? Imposible!!!
As únicas normas...Poñer o nome e poñerlle TÍTULO.
Aquí tedes algún deles, a profe transcribe o título tal cual @ Pimpín o di.
O mércores veredes todas as obras de arte que van levar para casa. Auténticas xoias da arte! Os títulos son todos pensados por eles/elas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario