martes, 12 de diciembre de 2017

CUMPLE PROFE

   Boas a todos e a todas! Quería poñervos aquí unha serie de fotos que penso que resumen o día de onte! Bicos, bicos, bicos, e máis bicos e tamén apertas e apertas, e máis apertas e tamén cousiñas bonitas como...profe eres a máis guapa de todo o mundo, profe aínda non eres tan vella, profe iremos á túa a casa a verte, a profe cumple 18 anos (esta sen dúbida, a miña favorita 😛😛😛). Merendamos un biscoito e despois papamos unhas galletiñas en forma de 💓💓💓 e a bailotear!
   Chamamos a Jenni (a profe en prácticas que está na clase de 3 anos) para que nos sacara unha foto de familia pimpina. Aquí a tedes...o seguinte veu cando a profe dixo: un bicooooo! E os Pimpíns nas súas cabezas en vez de bico, oíron...AL ATAQUEEE!!! 😂😂😂



           AVISO: Senón vedes ao voso fillo ou filla, crédeme está aí, dentro da marabunta!

  
    Graciñas Pimpíns! Así dá gusto! Como sempre digo...hai días malos, días peores, e días xeniais e días marabillosos...non todo é sempre ideal como vedes nestas fotos. Non. O que sí é sempre tal e como vedes, é este cariño que nos temos. Aí sí que non hai engano posible. Para que un nen@ te respecte, che faga caso, queira aprender contigo, o primeiro que hai que conseguir, antes de nada, é que te queira un chisquiño, que che teña cariño. Senón, as túas palabras e os teus actos, daranlle igual. Isto é o que eu penso, e trato de conseguilo día a día. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario