Hoxe viñemos desta guisa ao cole!jajaja! Pasámolo xenial! Botamos unhas risas...Iso sí, estivemos todo o día de troula. Pola mañá, deixamos a chaqueta e a mochila e fomos para a clase de 5 anos, alí xuntámonos todo Infantil e veña bailar. Xa, pola tarde, tocou ensaio outra vez no pavillón. Todo listo para mañá!
Que nervioooooooooooooooooooooooos!!!
Aquí tedes unha foto para que vexades que guapos e guapas estabamos hoxe!
Foto de grupo!
Pola tarde, fomos ao pavillón e Mickey Mouse atopou a Minnie e non puideron resistirse a darse un bico e unha aperta!!! E para iso, está a cámara, para captar momentos tan bonitos coma este!!! A miña Pimpina Alexandra (para min sempre o será) e o Pimpín Iago!
O meu Pimpín Mario (sempre o será tamén aínda que xa sexa súper maior), atopouse con Darío e correndo veu dicirme...Profe, eu tamén quero sacar unha foto co meu irmán... Poooor suposto! Aquí está, foto para a familia Lorenzo Fraga!!!