Un día apareceu así a nosa aula! Encantounos!!! E o millor de todo e que de vez en cando caía unha alguiña e alá que nos lanzabamos a por ela! Botamos así o día, os Pimpíns a recoller e a profe a pegar! jajajaja! Aproveitamos para simular que eramos peixiños no fondo do mar...movemos cola, movemos aletas, ...e así xurdiron as partes do peixe. Son iguais cas nosas? Ou son diferentes?
Así, fomos buscar coa axuda do Señor Google, cales eran as partes dos peixes. Colas e aletas, aprendidas, pero iso das branquiaaaas...que serán! Despois de investigar, xa sabemos que é por onde respiran os peixes!
Temos un pouco de lío con iso das branquias. Liámonos coas branquias e o espiráculo das baleas, pero DOKI axudounos a entender, que os peixes usan as branquias e as baleas o seu espiráculo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario