Guauuu!!! Cantas cousas máis nos chegaron esta semana!!! Graciñas familias! Sodes incribles!
Xoel, fíxonos un libriño onde aparecen un montón de animais mariños! Vaia traballo! E tamén un polbo precioso de moitas cores! Xa sabemos que non son patas, senón tentáculos!!! Graciñas Xoel.
Mateo, de novo, trouxo máis cousas para o proxecto. Viña cargadiño! Un coral, unha caracola, o fondo do mar nunha botella de aquarius de laranxa! E outro nunha caixiña! Con animais mariños feitos con goma eva! Vaiaaaa traballo debeu dar iso! Graciñas Mateo.
Carlos, trouxo un sobre e cando o abrimos! Guauuuuu unha foto dende Arxentina!!! O seu avó ten nas mans a ese pedazo de peixe! Estamos a investigar e pensamos que é o peixe gato por eses bigotes enormes que ten! Graciñas ao avó de Carlos e a ti Carlos.
Aleixo, de novo, trouxo unha sorpresa. Unha caixa enorme convertida no fondo do mar! Guauuu! Encantounos! Explicounos todos os animais que alí se atopaban e ademais, aaahhh unha cuncha! E quen estaría aí dentro??? Os Pimpíns pensamos que algo que se come...seguiremos investigando. Ademais, Aleixo explicounos que o peixes están nadando pero se tiramos pola cordiña poden subir ata a superficie! Xenial! Graciñas Aleixo.
Sabela, deixou na mesa do proxecto, outro libriño máis sobre o mar. Nel aparece unha balea, e estivemos investigando e xa sabemos como se chama o buratiño que ten na espalda e que bota auga! Espiráculo! Graciñas Sabela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario