Todos os días escribimos o noso nome. Unha vez, que o sabemos escribir, a cousa vaise complicando...facemos máis pequena a letra! Ten que entrar no recadro. Iso sí que é precisión! Ademais, case coñecemos todas as letras, de velas todos os días nos días da semana, nos nomes dos nosos compis, nos nomes dos peixes, polo que este trimestre estamos a practicar a súa grafía. Básicamente, a copia e reprodución das grafías.
Non é cousa doada, non pensedes...Teñen que ir seguidiñas, e ademais non pode faltar ningunha! Iso sí que é traballo de concentración! Mirar para o encerado, escribir na ficha, volver ao encerado, volver escribir, así seguido...Xa dixemos, non é cousa sinxela pero mirade que ben o facemos.
Iso sí, todos os días, o noso axudante ou a nosa axudante, escribe unhas palabriñas na pizarra! A profe vaille dicindo os sons, e mirade todo o que sae!!! Excelente!
No hay comentarios:
Publicar un comentario