Aínda que levamos xa unhas semanas bailando e bailando na clase os temas que soarán cando desfilemos o venres no pavillón, hoxe tocou ir ata alí. Coñecer por onde temos que ir, onde nos temos que situar e todo os pasos que debemos seguir.
Hoxe estivemos toda a tarde ensaiando, foi divertido pero tamén, tanta repetición cansounos un chisquiño, pero mañá hai que volver porque o venres, queremos facelo súperben!!!
Ademais, quixemos facernos unha foto co coche cavernícola!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario