Ola a tod@s! Hoxe escríbovos para darvos as GRACIAS! Sodes un grupo de pais/nais e demais familia, estupend@s, fíxonos moita ilusión que case tod@s estiverades con nós o día do festival.
MOITAS GRACIAS polos agasallos! Quédome alucinada con vós! Xa solo o feito de xuntarvos e poñervos dacordo, para min o é "todo". No momento, nin me din conta do que era o colar, os nervios, o estrés de todo o día, o rápido que pasou todo... Cando marchastes e o mirei con tranquilidade, fixeime en que tiña os nomes de todos os Pimpíns! Guauuuuuu! E ademais coa súa letra! Penso que podería recoñecer a letra de cada un deles no medio dun cento de nen@s...E o libro como o dos cumples! Que bonito!
Antes de ir cara o Auditorio fixemos un último ensaio no que logramos estar os 22! Primeira vez! Os Pimpíns dicían: profe, outra vez...pufff xa o sabemos facer! Jajaja, xa o sei pero veña unha vez tod@s xuntiñ@s! Aquí o tedes. Pena non ter a actuación no Auditorio, se algún a tedes ou a podedes conseguir, avisádeme, escribídeme no blog ou mandade un mail a pimpins.ocruce@gmail.com
BO VERÁN PIMPÍNS!!!
Tedes moitos deberes que facer neste verán, recordade:
- Pasalo ben.
- Desfrutar xogando, rindo, ir á piscina, ir á praia, dar un paseo...
- Ser felices.
A profe estes días está de mudanza de aula...Como costa despedirse da que foi a "nosa aula" durante 2 anos. Trataremos de que a nova sexa igual de bonita e acolledora.
Vémonos o 10 de SETEMBRO.
Vémonos o 10 de SETEMBRO.
(as familias temos a reunión o día 4 ás 11)