miércoles, 3 de junio de 2015

CAIXA DOS SORRISOS

   Días atrás, algún de vós, repararía en que os Pimpíns, non tod@s, levaron unha cariña sorrinte. Falando da tristeza pensamos que unha boa axuda é un bico, un sorriso, entón decidimos facer sorrisos para todos aqueles que se sintan tristes. Ao finalizar a xornada, os que se sintan tristes, poden coller un sorriso da nosa caixa.  Os primeiros días, todos remataban a xornada tristes, pero dicíano cun sorriso...Pouco a pouco, imos entendendo que soamente cando estou triste de verdade, podo ir a caixa dos sorrisos...




No hay comentarios:

Publicar un comentario