Este fin de semana os Pimpíns non levamos o conto para as nosas casas porque xa empezamos a recoller a nosa aula. Os contos teñen que ir de novo para a Biblioteca do cole para ver que todos están ben e así para o ano que ven poder elixir outros novos. Pasámolo xenial as tardes dos luns cando tocaba ensinar o noso traballo do conto!
Cada Pimpín ensinaba o seu conto, explicaba o seu debuxo, se lle gustou ou non e por qué e quen llo leu. Empezamos cun debuxo sinxelo e moitos Pimpíns remataron o pasaporte, dándolle un fondo ao debuxo, pintando as vías do tren polos dous lados, escribindo o título en minúscula!!! Que gran traballo Pimpíns!
Felicitar a tod@s os PIMPÍNS por este traballo tan ben feito!
Felicitar a todas as FAMILIAS DOS PIMPÍNS por axudalos e lerlles cada semana o conto que lles tocaba!
No hay comentarios:
Publicar un comentario