viernes, 12 de junio de 2015

FESTIVAL

   Estamos xa ensaiando a nosa coreografía coas cancións que nos toca bailar este ano. Para iso precisamos unha serie de complementos. Desta vez, as nenas levarán un abanico, se o poden ir traendo antes do venres, moito mellor, así xa imos ensaiando con el, e se algunha das PimpiFamilias ten un tambor, pedímosvos que no lo prestedes estes días e será devolto o día do Festival. Soamente precisamos un tambor. Graciñas.
   Estamos moi nerviosos, xa que desta vez o baile ten algo máis de complicación, máis pasos, máis cambios de ritmo...Esta semana que ven, ensaiaremos moitísimo para que quede bonito e vos guste un montón.
   Tamén estamos a tope coas bolsas de fin de curso que van a quedar chulísimas e rematando xa o noso proxecto das Emocións. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario