lunes, 1 de junio de 2015

QUE OCORRE CANDO...

   A semana pasada tocou dramatizar. Que é iso? Pois facer como se....estivésemos enfadados, alegres ou con moito medo. A cada grupo tocoulle unha emoción: Koalas- Alegría, Leóns- Tristeza, Canguros- Enfado, Hipopótamos- Medo, Osos- Calma ou Tranquilidade. Ademais tamén pensamos entre todos como podemos actuar cando os nosos compañeiros/as se sinten así.

ALEGRÍA
   Cando estamos alegres: sorrimos, bailamos, dámonos bicos, chocamos as 5 cos amigos/as, saltamos, xogamos e dámonos apertas.


TRISTEZA
   Cando estamos tristes: a nosa boca está cara abaixo, non temos ganas de nada pero un bico, unha aperta e un agarimo seguro que nos animan.


ENFADO
   Cando nos enfadamos: as cellas frúncense, sáenos a rabia polos puños, o mellor nestes casos e alonxarse e estar só un bo anaco, alí contamos ata 5, ata 10 se o enfado é moi grande e despois respiramos ata volver á calma.


MEDO
Cando sentimos medo: tapamos os ollos, agarrámonos, pechamos as mans, non queremos mirar, o corazón vainos moi rápido, que mellor que un amigo/a que ven con nós e nos dá a man, cando temos medo, ou un amigo/a que se senta ao noso carón cando os tronos non nos gustan, e tamén que ben se sinte un cando ven un amigo/a a axudarnos a saír da auga cando nós non podemos.


CALMA/TRANQUILIDADE
   Cando estamos tranquilo/as: respiramos lentamente, sentímonos ben, e as cousas que nos gustan facer son: ler un libro, facer un puzzle, pintar ou simplemente, estar sentado na asamblea escoitando ao encargado/a como fai as súas tarefas.





No hay comentarios:

Publicar un comentario