lunes, 8 de junio de 2015

COCOLOCO

Presentámosvos o noso COCOLOCO!



      Para fomentar o cálculo mental empezamos a traballar esta actividade. Dúas veces á semana, aproximadamente, sentámonos na alfombra e facemos unha ronda. Unha pregunta a cada Pimpín para que faga un cálculo. A profe fai a pregunta 1 vez, pódese pedir unha repetición, polo que como moito a pregunta farase 2 veces. Se se sabe xenial, senón pois non pasa nada, na seguinte ronda seguro que sí sabemos contestar. 
        É unha actividade moi motivadora, que como dixemos, axuda a crear estratexias para o cálculo mental. A nós gústanos moito!!!
   Na bolsa dos traballiños mandareivos as preguntas que traballamos os Pimpíns, están divididas en preguntas para 3 anos, 4 anos e 5 anos. As cifras pódense cambiar dependendo do nivel matemático que teña cada nen@.
       Enviareivos as fotocopias por se queredes ter unha idea de como traballar o cálculo pero eso sí, débense seguir unhas normas. 
- Non se pode presionar ao nen@ facéndolle mil preguntas. Podemos facelo como un xogo. De vez en cando, facer algunha pregunta. 
- Debemos adaptar o nivel ao do nen@. Nunca querer que o nen@ conteste algo que non é capaz de calcular. Podemos facer que se frustre e non queira saber nada máis do xogo.
- Nós, facémolo na clase, 2 veces á semana, e 1 pregunta para cada nen@. Polo que debedes ser conscientes de non excedervos, nin de facerlle constantemente preguntas.
- As preguntas son unha orientación, pero como todo na Educación, o mellor é que sexa motivador, polo que ese formato de preguntas adaptado á realidade do nen@ seguro que funciona mellor. 


   Como vedes, temos a serie numérica diante nosa todo o tempo, ata o 20. Algúns, sabemos máis do 20, outros estamos aprendendo ata o 20. O importante, é facelo ben, con calma, e sen presionar, a través de xogos, de actividades motivadoras e pouco a pouco iremos avanzando. Tamén temos o noso nome en Minúscula porque este trimestre xa empezamos con elas. A verdade é que nos parecen ben simpáticas, con tranquilidade, o que se anima a escribilas xenial, o que non, é porque non se sinte seguro, non pasa nada...cada Pimpín ao seu ritmo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario