Presentámosvos á ABELLA OM. Esta abella sabe moito de calmarse cando é preciso polo que estamos traballando con ela para que nos axude a volver á calma cando estamos nerviosos ou enfadados e notamos que a rabia se apodera de nós. Os Pimpíns estivemos facendo uns exercicios da volta a calma en grupo. A verdade que moi ben, botamos moitas risas e quedamos todos calmadiños...tranquilos como a Abella Om.
No hay comentarios:
Publicar un comentario