Parabéns Martín!!! Hoxe tocoulle o turno de cumplir aniños a noso Martín-Rex. Moitas felicidades amigo! Xa 5 anos...que ben! Graciñas pola tarta, estaba riquísima e polas boliñas de chocolate, mmmmmm...que ricaaaaas!
lunes, 30 de noviembre de 2015
domingo, 29 de noviembre de 2015
FOTOGRAFÍA
Esta semana empezamos a traballar coa cámara. Cada un de nós tiña que sacar unha foto, tiñamos dende o luns ata o venres. Cada vez que sacamos unha foto, anotamos unha X ao carón do noso nome nunha ficha que temos pegada na aula. Algunha destas fotos, teñen un chisco de axuda, xa que temos que encender a cámara, AAAAAAAh, o primeiro de todo poñer a corda de seguridade para que non se nos caia!!! Enfocar o que queremos sacar na foto, e premer o botón e sacala.
Estas son as fotos desta semana!!!
miércoles, 25 de noviembre de 2015
Acuarelas
Fixemos uns debuxos de dinosaurios e como o folio tiña un marco animámonos a pintalo coas acuarelas. Estamos pintándoo por grupos, para aprender como se fai, como se move o noso novo pincel, como teño que mollar primeiro o pincel para que logo a acuarela pinte. Non se pode mollar moito, por iso sempre temos un papeliño ao lado para ir secándoo.
Tamén é importante, limpar ben o pincel cada vez que cambiemos de cor e rematar limpando as acuarelas que puideran quedar manchadas para que así nos duren un montón e sigan pintando ben. Chegará o día no que o fagamos xa de xeito automático e tod@s xunt@s.
Mirade que chulada de debuxos!!! Son fantásticos!!!
Mirade que chulada de debuxos!!! Son fantásticos!!!
martes, 24 de noviembre de 2015
PIMPISAURIOS
Aquí tedes os nosos novos nomes!!! Pola mañá, o encargad@, ten que saudar a cada compañeir@ pero coidado!!! Agora ten que chamalo polo seu nome de Dinosaurio!jajaja!
lunes, 23 de noviembre de 2015
CARTEL PIMPISAURIOS
Xa levamos unhas semanas co noso novo cartel na porta da aula. Está baseado na película Jurassic Park (que xa sabemos que é unha peli de dinosaurios pero que dá un pouco de medo...). Agora falta a 2ª parte, e para iso eliximos cada un de nós un dinosaurio e mesturamos ese nome co noso. Aquí tedes o cartel dos Pimpisaurios .
Ademais na tarde de hoxe, decoramos un anaco de parede que estaba un pouco sosa, agora está estupenda!!! Cada Pimpín, tiña que debuxar co rotu especial o dinosaurio elixido por cada un de nós, pintalo con cera branda e recortalo coas tesoiras de formas facéndolle un contorno, pegalo nunha folla de cor, escribir o nome do dino e volver a recortar coa tesoira. Quedaron preciosos!!!
viernes, 20 de noviembre de 2015
MARIO
O noso compi Mario, marchou o pasado venres de viaxe. Vai tardar uns días en voltar...e a verdade, xa o estamos botando de menos. Antes de marchar, despedímonos dándolle unha forte aperta e un bico grande, e dicíndolle que o iamos botar de menos. Díxonos que marchaba para Canarias e pedímoslle que nos dixera onde quedaba no mapa. Aquí tedes a Mario ensinándonos onde está agora mesmo. Pimpín, desexámosche que o pases moi ben pero volve pronto!!!
jueves, 19 de noviembre de 2015
BABY LOUIE
Esta semana tocou falar dos ovos dos dinosaurios. Despois de facer de paleontólog@s entrounos a curiosidade. Cantos ovos pon un dinosaurio? Canto tardan en nacer?, entre outras dúbidas.
Vimos un vídeo do único fósil que existe dunha cría de dinosaurio que xusto acababa de nacer. O paleontólogo que o descubriu chamoulle Baby Louie. Os Pimpíns animámonos a facer as nosas hipóteses do que lle puido pasar a Baby Louie.
- Nese momento caeu o meteorito e morreu.
- Veu un dinosaurio carnívoro e o aplastou.
- Os volcáns da terra entraron en erupción e morreu.
- Morreu porque estaba xa enfermo dentro do ovo.
Estas hipóteses son totalmente válidas, todo puido pasar!!!
Este vídeo impactounos moitísimo porque se pode ver como sería Baby Louie fai 200 millóns de anos! Guauuuuuuu!!!
Fixemos a nosa primeira estimación. Se os dinosaurios poñen entre 20 e 30 ovos...tivemos que debuxar un número de ovos entre 20 e 30, ah!!! pero non valía debuxar nin 20 nin 30. Tivemos que buscar un número que estivera entre os dous.
martes, 17 de noviembre de 2015
PALEONTÓLOG@S!
O xoves fixemos o carné de Paleontólog@s, imprescindible para poder investigar a zona do colexio na procura de posibles fósibles. Pegar foto, cubrir a nosa profesión e o nome e pintar os apeiros necesarios. Unha vez list@s, aló fomos.
Saímos xunto aos nos@s compis de 4 anos A e puxémonos a explorar o terreno.
Que sorpresa cando atopamos 2 ovos!!! Sí, sí, 2 ovos enterrados! Saltando de emoción estivemos un bo anaco! O que non temos claro e se son de dinosaurio ou non, de que serán...Ao final, pensamos que un, como era moi grande, podía ser de Diplodocus e o outro, o máis pequeno, de Gallimimus. Aínda que os ovos de dino son máis grandes, estamos algo despistad@s...Imaxinación ao poder!!!
O máis importante de todo??? Pasar unha boa tarde, con ilusión, con estusiasmo, con ganas de explorar e investigar, atent@s a todo, escoitando con atención, axudándonos, e compartindo as nosas ideas, as nosas hipóteses. Isto sí que é importante!!!
lunes, 16 de noviembre de 2015
Xogos de Dinosaurios
Aquí vos deixamos todos os xogos que estamos a usar para aprender moitas cousas dos dinosaurios! Estarán dispoñibles tamén na columna da dereita do blog.
Levamos xa varias semanas adicándolle un pouquiño da xornada a aprender xogando na Pdi.
Levamos xa varias semanas adicándolle un pouquiño da xornada a aprender xogando na Pdi.
5 ANOS
Hoxe tocounos outra festiña! Felicidades Iker! Levamos uns luns de troulaaaaaaaaa, jajaja!!! Iker, fixo a súa coroa, ao seu gusto, e despois invitounos a un biscoitiño rico ricoooooooo! Gracias Iker.
domingo, 15 de noviembre de 2015
EXPERIMENTO DO OVO
Javi tróuxonos fai unhas semanas un ovo no que metido en auga, sairía do seu interior un dinosaurio!
Así foi, este luns metémolo en auga e a esperar...Todos os dias, o primeiro que faciamos ao entrar na aula era ir correndo a ver que lle pasaba ao ovo. Foi unha semana longa pero, finalmente, este venres o dinosaurio quixo saír do ovo! Aquí tedes a secuencia.
Graciñas Javi!
PEGADAS
Esta semana tocounos investigar as pegadas dos dinosaurios. Como son? Que nos indican? Son todas iguais? E apareceron dúas novas palabras: BÍPEDO e CUADRÚPEDO.
Fixemos unha clasificación dos dinosaurios que temos na aula e observamos que os cuadrúpedos son todos herbívoros e os bípedos, carnívoros (algúns non o temos tan claro, pero seguen as investigacións...).
Cando atopamos moitas pegadas, significa que vivían en manada, cando son profundas, que o dinosaurio pesaba moito, e cando están separadas que era moi veloz. Así, decidimos plasmalas nunha ficha con témpera e poñerlle os nomes. Eliximos: un pteranodon, un triceratops, un estegosaurio, un T-rex e un velociraptor. Cada equipo tiña un dinosaurio e unha cor. Non se podía pasar o dinosaurio ao outro equipo ata que todos os membros do grupo tiveran a súa pegada. Consigna: todos os Pimpíns temos que ter 5 pegadas. Finalmente, recortar cada nome e pegalos ao carón da pegada que corresponda.
miércoles, 11 de noviembre de 2015
PREGUNTA BOMBILLA
MATEMÁTICAS
SUMAS E RESTAS
En canto ás matemáticas, en 4 anos xa empezamos coas sumas e algunha resta, pero agora xa é unha tarefa diaria. A verdade, é que traballar con números encántannos. Todas as mañáns @ encargad@ ten que facer sumas e restas, os demais, aproveitamos para facelas tamén por se @ encargad@ precisa axuda.
MAIOR E MENOR
Tamén, duns números dados, rodeamos o Máis Pequeno e tachamos o Máis Grande (números do 0 ao 100).
FORMAS XEOMÉTRICAS
Todas as mañáns, gardamos uns minutiños para reflexionar sobre estas formas. Buscamos respostas a preguntas como...
- O círculo ten lados? E o óvalo?
- Cal é a diferencia entre un círculo e un óvalo?
- Se un cadrado, un rectángulo e un rombo teñen todos 4 lados...son iguais? Por que non? (O outro día descubrimos que significa "diagonal").
- Se partimos un rombo á metade (en horizontal) cantos triángulos temos?
- Cantos lados ten un pentágono? E un hexágono? (buscamos estratexias para recordar como se debuxan...xa que sinxelo sinxelo non é).
Estas reflexións diarias sobre as formas xeométricas, fixo que o luns, nos xurdira unha dúbida...a nosa clase que é? un cadrado ou un rectángulo??? Aquí tedes a resposta!
Conclusión dos Pimpíns: É un rectángulo pero está de pé, é un rectángulo en vertical.
OS NOSOS MATERIAIS
Temos a clase chea dos materiais dos dinosaurios. Encántanos coller os dinosaurios de xoguete cando nos tocan no recuncho e tamén ler os libros que temos dos dinosaurios na nosa biblioteca.
Gracias pola vosa colaboración.
martes, 10 de noviembre de 2015
5 ANOS
Marcos cumpliu 5 anos! Outro Pimpín que se nos fai maior. Marcos trouxo un biscoito rico rico, que non durou nin 3 minutos, e non estamos esaxerando, así tal cual, 3 min. de reloxo!
Ademais, podedes ver unhas fotos de Marcos, 1º pensando un desexo, e 2º soprando as velas para que ese desexo se cumpla. Este ano, os cumpleañeros piden un desexo (non se di, soamente se pensa) e logo a soprar. Soamente compartimos o desexo se este se chega a cumplir algún día!
MAGOSTO 2015
O venres pasado celebramos o día do Magosto. Este ano non fixemos un envase individual para cada Pimpín, senón que decidimos facer unha caixa común para tod@s para meter dentro as castañas. Unha caixa de folios forrada pola profe e decorada por nós.
O importante foi o reparto das tarefas (este ano estamos a facer moitas actividades de compartir, de poñerse dacordo, de debatir entre todos para chegar a un punto común, ...) 5 equipos e todos querían facer algo na caixa...a ver como dividimos as tarefas... Que difícil! Ao final os Pimpíns decidiron:
- Por un lado poñer MAGOSTO 2015 (debuxar letras e números ocos para que outro Pimpín os poida pintar, poñerse dacordo, quen escribe e quen pinta).
- Por outro lado poñer OS PIMPÍNS (debuxar letras ocas para que os demais poidan pintalas, poñerse dacordo quen escribe e quen pinta).
- Polos dous lados que quedan DEBUXAR CASTAÑAS (co rotulador especial debuxar cada Pimpín 3 castañas, pintalas (ningunha pode ser igual a outra), coas tesoiras de formas, recortar e pegar na caixa. Importante: pegar as castañas de xeito que quede sitio para que os compis peguen as súas (difícil, difícil, algunhas castañas houbo que despegalas para facer sitio, jiji).
- Por último, e non menos importante...DECORAR! Como non podemos facelo todos á vez pois houbo que acordar quen o facía antes e que parte da caixa elixía, e quen o facía despois.
Este foi o resultado...100% Pimpín!
( En breve...un vídeo resumo do día do Magosto e tamén da Vendimia, que a profe xa non se lembraba, e os Pimpíns tivemos que recordarlle: Profe, non nos vimos na Vendimia no blog!!!jajaja!)
domingo, 8 de noviembre de 2015
Proxecto Dinosaurios
Con tanto festivo, pouco avanzamos no noso Proxecto pero bueno...estamos intentando recuperar o tempo. Estamos facendo un cartel para a porta baseándonos no cartel da película JURASSIC PARK (cambiamos o título da película, jajaja, xa veredes cal é!) e tamén estamos poñéndonos nomes de dinosaurios.
Por iso, a tarefa dos Pimpíns, é investigar sobre cal é o seu dinosaurio favorito e logo na clase convertimos o seu nome no dun dinosaurio único e irrepetible! O da profe é o Velociraptor co cal: Silvia + Velociraptor= Silviraptor! Así, temos que facer todos os Pimpíns...os que non o pensamos temos que ir facéndoo, para convertirnos en terribles e terroríficos dinosaurios.
Fixemos uns paneis nos que plasmamos o que sabemos sobre eles e o que nos gustaría saber. Foi un pouco difícil, porque non había consigna ningunha da profe, cada un a escribir o que quixera...sen renglóns, sen marxe como na libreta, sen ningún tipo de axuda, ...así quedou!
lunes, 2 de noviembre de 2015
SAMAÍN 2015
Xa pasou o Samaín pero queremos que vexades o terroríficos que estabamos! Unha vez máis, dar as gracias ás PimpiFamilias, xa que ver unha aula chea de disfraces, de 22 nen@s 22 disfraces, é xenial! E tamén , polo inmenso traballo da decoración das cabazas (xa van 3 anos, e seguides ao pé do cañón).
Ademais, podedes ver a decoración do patio deste ano, as letras de SAMAÍN decoradas. Aos Pimpíns tocáronnos as bruxas.
(A música por defecto está silenciada, se pinchades sobre a imaxe do altavoz podedes activalo).
Suscribirse a:
Entradas (Atom)