Fixemos uns debuxos de dinosaurios e como o folio tiña un marco animámonos a pintalo coas acuarelas. Estamos pintándoo por grupos, para aprender como se fai, como se move o noso novo pincel, como teño que mollar primeiro o pincel para que logo a acuarela pinte. Non se pode mollar moito, por iso sempre temos un papeliño ao lado para ir secándoo.
Tamén é importante, limpar ben o pincel cada vez que cambiemos de cor e rematar limpando as acuarelas que puideran quedar manchadas para que así nos duren un montón e sigan pintando ben. Chegará o día no que o fagamos xa de xeito automático e tod@s xunt@s.
Mirade que chulada de debuxos!!! Son fantásticos!!!
Mirade que chulada de debuxos!!! Son fantásticos!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario