martes, 17 de noviembre de 2015

PALEONTÓLOG@S!

   O xoves fixemos o carné de Paleontólog@s, imprescindible para poder investigar a zona do colexio na procura de posibles fósibles. Pegar foto, cubrir a nosa profesión e o nome e pintar os apeiros necesarios. Unha vez list@s, aló fomos. 

   Saímos xunto aos nos@s compis de 4 anos A e puxémonos a explorar o terreno.
  Que sorpresa cando atopamos 2 ovos!!! Sí, sí, 2 ovos enterrados! Saltando de emoción estivemos un bo anaco! O que non temos claro e se son de dinosaurio ou non, de que serán...Ao final, pensamos que un, como era moi grande, podía ser de Diplodocus e o outro, o máis pequeno, de Gallimimus. Aínda que os ovos de dino son máis grandes, estamos algo despistad@s...Imaxinación ao poder!!!

   O máis importante de todo??? Pasar unha boa tarde, con ilusión, con estusiasmo, con ganas de explorar e investigar, atent@s a todo, escoitando con atención, axudándonos, e compartindo as nosas ideas, as nosas hipóteses. Isto sí que é importante!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario