
O importante foi o reparto das tarefas (este ano estamos a facer moitas actividades de compartir, de poñerse dacordo, de debatir entre todos para chegar a un punto común, ...) 5 equipos e todos querían facer algo na caixa...a ver como dividimos as tarefas... Que difícil! Ao final os Pimpíns decidiron:

- Por outro lado poñer OS PIMPÍNS (debuxar letras ocas para que os demais poidan pintalas, poñerse dacordo quen escribe e quen pinta).

- Por último, e non menos importante...DECORAR! Como non podemos facelo todos á vez pois houbo que acordar quen o facía antes e que parte da caixa elixía, e quen o facía despois.
Este foi o resultado...100% Pimpín!
( En breve...un vídeo resumo do día do Magosto e tamén da Vendimia, que a profe xa non se lembraba, e os Pimpíns tivemos que recordarlle: Profe, non nos vimos na Vendimia no blog!!!jajaja!)
No hay comentarios:
Publicar un comentario