SUMAS E RESTAS
En canto ás matemáticas, en 4 anos xa empezamos coas sumas e algunha resta, pero agora xa é unha tarefa diaria. A verdade, é que traballar con números encántannos. Todas as mañáns @ encargad@ ten que facer sumas e restas, os demais, aproveitamos para facelas tamén por se @ encargad@ precisa axuda.
MAIOR E MENOR
Tamén, duns números dados, rodeamos o Máis Pequeno e tachamos o Máis Grande (números do 0 ao 100).
FORMAS XEOMÉTRICAS
Todas as mañáns, gardamos uns minutiños para reflexionar sobre estas formas. Buscamos respostas a preguntas como...
- O círculo ten lados? E o óvalo?
- Cal é a diferencia entre un círculo e un óvalo?
- Se un cadrado, un rectángulo e un rombo teñen todos 4 lados...son iguais? Por que non? (O outro día descubrimos que significa "diagonal").
- Se partimos un rombo á metade (en horizontal) cantos triángulos temos?
- Cantos lados ten un pentágono? E un hexágono? (buscamos estratexias para recordar como se debuxan...xa que sinxelo sinxelo non é).
Estas reflexións diarias sobre as formas xeométricas, fixo que o luns, nos xurdira unha dúbida...a nosa clase que é? un cadrado ou un rectángulo??? Aquí tedes a resposta!
Conclusión dos Pimpíns: É un rectángulo pero está de pé, é un rectángulo en vertical.
No hay comentarios:
Publicar un comentario