Esta semana tocounos investigar as pegadas dos dinosaurios. Como son? Que nos indican? Son todas iguais? E apareceron dúas novas palabras: BÍPEDO e CUADRÚPEDO.
Fixemos unha clasificación dos dinosaurios que temos na aula e observamos que os cuadrúpedos son todos herbívoros e os bípedos, carnívoros (algúns non o temos tan claro, pero seguen as investigacións...).
Cando atopamos moitas pegadas, significa que vivían en manada, cando son profundas, que o dinosaurio pesaba moito, e cando están separadas que era moi veloz. Así, decidimos plasmalas nunha ficha con témpera e poñerlle os nomes. Eliximos: un pteranodon, un triceratops, un estegosaurio, un T-rex e un velociraptor. Cada equipo tiña un dinosaurio e unha cor. Non se podía pasar o dinosaurio ao outro equipo ata que todos os membros do grupo tiveran a súa pegada. Consigna: todos os Pimpíns temos que ter 5 pegadas. Finalmente, recortar cada nome e pegalos ao carón da pegada que corresponda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario