jueves, 19 de noviembre de 2015

BABY LOUIE

   Esta semana tocou falar dos ovos dos dinosaurios. Despois de facer de paleontólog@s entrounos a curiosidade. Cantos ovos pon un dinosaurio? Canto tardan en nacer?, entre outras dúbidas. 
   Vimos un vídeo do único fósil que existe dunha cría de dinosaurio que xusto acababa de nacer. O paleontólogo que o descubriu chamoulle Baby Louie. Os Pimpíns animámonos a facer as nosas hipóteses do que lle puido pasar a Baby Louie.
- Nese momento caeu o meteorito e morreu.
- Veu un dinosaurio carnívoro e o aplastou.
- Os volcáns da terra entraron en erupción e morreu.
- Morreu porque estaba xa enfermo dentro do ovo.

           Estas hipóteses son totalmente válidas, todo puido pasar!!!

  
Este vídeo impactounos moitísimo porque se pode ver como sería Baby Louie fai 200 millóns de anos! Guauuuuuuu!!!


   Fixemos a nosa primeira estimación. Se os dinosaurios poñen entre 20 e 30 ovos...tivemos que debuxar un número de ovos entre 20 e 30, ah!!! pero non valía debuxar nin 20 nin 30. Tivemos que buscar un número que estivera entre os dous. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario