jueves, 30 de noviembre de 2017

PUZZLES

    Como xa dixemos nunha entrada anterior do blog, estamos a tope coas TESOIRAS! Con motivo do proxecto, estamos aproveitando a facer diversos puzzles, de complexidade varia, con diversos personaxes. 
1- Pintar. 2- Recortar. 3- Facer o puzzle na mesa. 4- Traspasalo á plantilla. 5- Pegar as pezas (respectando os bordes marcados). 


De 4 pezas, (pezas cadradas, pezas triangulares), de 5 pezas en vertical seguidas e de 6 en horizontal e vertical. 

NOITE DE ESTRELAS

     Esperámosvos mañá ás 19.30 no cole para escoitar a charla que nos darán sobre "o noso ceo". Vide abrigadiñ@s que nos espera algo de frío😂 De seguro que nos imos divertir, pasalo ben e sobretodo, aprender moitas cousas!


martes, 28 de noviembre de 2017

QUE SERÁN ESTAS MANS???

    Coa proximidade do Nadal e estando traballando no proxecto do Superpoder...imos tratar de fusionar conceptos e facer unhas cousiñas chulas! A ver que sae de aquí!!! 


lunes, 27 de noviembre de 2017

SORPRESÓN!!!

        Estas caras de felicidade, de non crer o que se ve, de asombro e de risa??? A que se deben??? 😆😆😆 Pois ao sorpresón que tivemos hoxe!!!


      Hoxe, estabamos nós na asemblea, Eloy facendo as tarefas que lle tocan ao encargado, cando de súpeto entrou a profe de 5 anos! Nós chamámoslle a profe Bolboreta (pola decoración da porta que tiñan o ano pasado, así lle quedou o nome! jeje!). Bea, entrou e díxonos que viu a un Superheroe en Madrid!!! 
Superheroeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeee??? Cal???


A BATMAN!!! 




      Non dabamos crédito polo que nos tivo que ensinar no seu móbil as fotos que lle sacou e ata fixo algunhas con el. Díxonos que era ben simpático e amable e que tiña unha voz moi grave, de superheroe total! 
       Darlle as grazas á profe Bea por acordarse de nós!!! 



VISITA AO MUSEO DO MOUCHO

   Fai uns días visitamos o Museo do Moucho en Cerceda. Escoitámolos, coñecémolos un pouquiño máis e agora xa sabemos algunha cousiña sobre estes animais que viven na nosa contorna. 
     A verdade, é que nos gustou moito baixar andando polas rúas do noso pobo, xunto cos nosos amigos e amigas de clase e tamén cos outros nenos e nenas da clase de 4 anos B. Aquí podedes ver o que nós vimos ese día e aprender connosco.

domingo, 26 de noviembre de 2017

PIMPÍNS CONTRA A VIOLENCIA

             Os Pimpíns tamén nos quixemos sumar aos lazos lilas. 
    Os nenos e nenas de Secundaria estaban no recreo repartindo lazos lilas. A profe colleu un e nós, cando entrou na clase preguntámoslle. Entón, aí xurdiu unha conversa. Falamos do que é a palabra Violencia. Para nós, é pegarse, empurrarse, falarse feo, dicir cousas malas, non querernos, non coidarnos e, claro está, estamos en contra de todo iso! 


  Ademais falamos da Igualdade, somos iguais? Sí, e falamos de quen pode xogar ao fútbol, quen pode cociñar, quen pode bailar, quen pode traballar, e a conclusión dos Pimpíns, e que todos podemos facer de todo! Nenos e nenas, todos somos iguais. 



MATERIAS PARA O PROXECTO VIII


Seguimos enchendo a nosa aula de SUPERPODER!!!

   Lucas tróuxonos a Gatuno e a Leonardo. Tamén a LadyBug nunha goma! Coa que temos prohibido borrar, por suposto.😂
    
     Iván deixounos na clase o seu superLibro. Guauuuu! Ten un montón de curiosidades. Nada máis abrilo, xa averiguamos que Krypton, o planeta de Superman, ten 4 lúas! E o nome de Clark Kent en Krypton é Kal-El!

   Andrea ensinounos a SuperGirl. Non sabemos moi ben se a prima de Superman é SuperGirl ou SuperWoman. Na nosa clase, decantámonos máis por SuperGirl. 


   Mateo, investigador de Thor, díxonos fai uns días que ía traer unha cousa de Thor. Nunca imaxinamos que sería o seu SuperMartelo!!! Nada, non houbo maneira de rompelo. Bateuno no chan, pero certo é que é indestrutible.


    Aleixo ensinounos a súa SuperCamiseta. Capitán América!!!
Ademais, Capitán non aparece só, díxonos Aleixo, senón que está coa súa moza! Podedes vela xustiño detrás do Superheroe. E tamén trouxo un Superman.


   Daniel, deixou no estante do proxecto a SUPERMAN. É o seu superheroe favorito.


miércoles, 22 de noviembre de 2017

MATERIAIS PARA O PROXECTO VII

   Guauuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuu!!! 
   Temos tanto material, tanto tanto tantísimooo de Superheroes e Superheroínas que o recuncho que máis nos gusta agora mesmo, ao que todos e todas queremos ir, o que máis demanda ten, é o...
RECUNCHO DO PROXECTO!!!

    Ensinámosvos o que fomos recibindo nestes días. 

    Non vos podedes imaxinar as nosas caras cando vimos o puño de HULK! O emblema de Hulk, o seu emblemaaaaaa! Ai, ai, ai! E que Dani non puido nin poñelo na mesa, xa tivo que saír antes da bolsa para poder ver ese puño porque é unha chulada! Vaia traballo! Buuf! E muñecos, Thor, Capitán América, Hulk tamén, e a Michelangelo.

     Wonder Woman, ou Mujer Maravilla ten un Wonder Car-Coche!!! Guauuuuuuu! Bueno, bueno, bueno, encántanos o coche desta princesa guerreira, co seu escudo, espada e lazo da verdade.

    Aleixo, fai tempo que trouxo ao cole o escudo e a máscara de Capitán América, pero a que non sabiades quen o traía posto??? Sí, sí, PIMPÍN, convertido en SUPERPIMPÍN!!! Como Pimpín, agora está a viaxar deixamos os accesorios na clase para seguir xogando nós con eles.


    Sabela tróuxonos o chaveiro de Capitán América porque estamos aprendendo a facer a forma xeométrica da ESTRELA, e precisamos moitas pola clase para ver como se fai. 

      Xiana, investigadora das Tortugas Ninja, tróuxonos un libriño delas onde aparece o Sensei e os villanos dos que xa nos falou xunto co ficha técnica.

    Mateo ensinounos ao seu IRONMAN. Home de aceiro, un material moi moi forte. Cada vez que escribimos Ironman, facémonos un lío, porque pensamos que empeza por A, aínda que como é en inglés, temos que memorizar que é un I.

MOUCHIÑOS

     Co motivo de ir ver o Museo do Moucho animámonos a facer uns mouchiños. Fai uns días ensinámosvos un chisquiño. Contámosvos...
     
 - TESOIRA OU PUNZÓN. Empezamos coa silueta do moucho.  Tocou pensar e decidir, se me animaba coa tesoira para este traballo importante, xa que ten que ser bastante preciso o corte, ou irme ao punzón, e picar todo o contorno do moucho. Igual de válidas as dúas opcións e igual de importantes pero... os Pimpíns tivemos que pensar ben, antes de actuar. Algúns Pimpíns, máis atrevid@s foron pola tesoira, outr@s máis caut@s colleron os punzóns. 

   
    Á hora de recortar o pico e as patas, algúns do bando da tesoira, decidiron pasar ao punzón por se os peliños, jejeje! É moi difícil, profe. Vale, vale, non hai problema. Picamos ollos e pupilas, iso sí, tod@s. Estampamos as mans, coa técnica do FROTADO, botar pintura nunha man e frotar e frotar ata que estean as dúas pintadas.


    Puxemos as plumas do moucho coa cola e a técnica de chupado (recordaredes que vola explicamos o ano pasado, 😄) mesturando dúas cores e agora...toque final de ⭐⭐⭐⭐⭐⭐⭐


    TOCA MONTAR O MOUCHO!!! Así nos quedou!!! Que vos parecen os nosos mouchos??? Made in Pimpíns todiño todo!!!


BOOKTRAILER

      Nós sen contarvos o porqué desta camiseta. É complicadete pero...imos intentalo. O colexio fai anos está dentro dun proxecto Europeo cuxa finalidade é atraer á lectura aos nenos/as a través dun Booktrailer, é dicir, dun tráiler, dun avance dese libro. Houbo estes festivais en varias cidades europeas, e en Setembro realizouse en Santiago. Por isto, este agasallo que encargou o colexio para todos os nenos/as do centro, e que onte nos trouxo a directora do colexio, Milagros.

FICHA TÉCNICA +++

   Entre a semana pasada e esta rematamos coas fichas técnicas. Cada Pimpín xa expuxo o que investigou, e a verdade é que cada vez que escoitamos unha ficha técnica, ese superheroe ou esa superheroína pasaba a ser a nosa favorita! jijiji! Iso quere dicir, que nos gustan todos e todas!
   Aquí vos deixamos aos Pimpíns que presentaron estes días as súas fichas técnicas.


UXÍA investiga as SUPERNENAS

XIANA investiga as TORTUGAS NINJA

LUCAS investiga a IRONMAN

 ELOY investiga a LA ROCA

CARLOS investiga a FLASH

O que máis nos sorprendeu nestas fichas foi que:
- Cáctus, unha supernena ten o superpoder de pinchar aos malos.
- As Tortugas Ninja teñen unha arma que se chama Bastón Boo.
- Ironman pode voar!
- O cinto da Roca ten un 4 porque pertence aos 4 FANTÁSTICOS.
- A Flash alcanzouno un raio.

martes, 21 de noviembre de 2017

GRACIAS CHUS

A avoa de Dani tróuxonos un montón de cartóns de papel para facer cousas chulis! Aínda non rematamos a árbore de fóra  (cos cartóns que viñeron das vosas casas) pero...conseguirémolo! jejeje! Xa vos ensinaremos que é o que finalmente facemos con estes cartóns. 
GRACIÑAS CHUS!!!


viernes, 17 de noviembre de 2017

SAÍDA AO MUSEO

      Aquí tedes unha foto de familia Pimpina. Que bonita, que linda, que chula, que preciosidade de foto! A profe moi obxectiva non é, pero diredes que non estamos IDEAIS??? Nooon, seguro que vos encanta!😎





MAGOSTO 2017

   O venres pasado tivemos o MAGOSTO no colexio. Podedes ver aquí os ensaios dese día. Con Alberto ensaiamos moitos martes antes do Magosto, por iso nos sae tan tan ben! 
   Neste vídeo non sae a grabación da canción cantada por tod@s @s neno@s do cole. Estamos á espera de que estea editado e subido a Youtube. Cando se poida ver, xa vos avisamos por aquí.


   No vídeo, sae algo ben gracioso, o que pasa que o son é algo baixiño. Despois de merendar, hai que facer as tarefas (mesa, boca, baño) e para que non se oira constantemente o ruído do baño, a profe acercouse e arrimou a porta do baño. Dentro estaban Eloy e Daniel, que cando saen, dinlle á profe que a porta se pechou soa, ao que que a profe lle di que noooooooo, que foi ela! Dani e Eloy botaron unhas risas! 😂😂😂😂😂😂😂😂 
     Ari, ese día, acordámonos moito de ti! Biquiños.😘😘😘

PRÉSTAMO DE LIBROS

   Hoxe, por fin, empezamos co préstamo de Libros. Cada Pimpín, elixiu un conto da Biblioteca de Aula e gardouno na súa carpeta, acompañado dunha notiña para que as familias a lean. Nada máis entrar, ás 14.20h. do recreo, xa preguntamos polo préstamo. Profe, hoxe sí verdade? Hoxe deixasnos o préstamo??? Síiiiiiiiiii, hoxe sí! 😓😛
    Estivemos pola tarde, lendo o que fixo Pimpín con Xiana, facendo o sorteo para ver quen o leva esta finde, escollendo o noso conto, gardándoo, que nin o rexistramos nin a profe fixo foto nin nada! Aiiiiii, que desastriño! (Nin ver o vídeo do Magosto xunt@s) Bueno, o luns rexistrarémolo. Este ano farémolo na PDI, nun cadro de dobre entrada, no que teremos que ir marcando se nos gustou o libro, ou non nos gustou. A ver como amañamos. Xa vos diremos.
     O que sí recordamos é que cada libro é:


Un tesouro 
         e
             unha aventura.

miércoles, 15 de noviembre de 2017

SUPERMOUCHO

   Esta semana está facendo moi bo tempo para poder saír e facer unha miniexcursión. A nosa idea é ir este venres ao MUSEO DO MOUCHO. Daremos un paseiño pequeno dende o cole, xa que está próximo, ata o museo e unha vez rematemos, xa voltamos para a merenda, ou para o comedor (depende da hora de saída que nos digan).
     


   Por que SuperMoucho??? Pois porque o moucho é unha ave nocturna, que come ratos, vermes, arañas, que ten un superpoder de visión e audición. Dende o Samaín, xa estivemos falando varias veces do moucho, en castelán, búho (nas últimas semanas temos a manía de traducir as palabras máis típicas do galego ao castelán, e viceversa), posto que aparecían no mural que fixemos para decorar a entrada do patio e ademais tamén aparecían no conxuro máxico da bruxa. Os mouchos eran un dos animais que a bruxa quería cazar e papar, xunto cos corvos e os nosos sapos. 

     Ademais estamos a preparar un mouchiño ben feitiño. Imos por partes, e como son bastantes estamos aficionándonos aos clips. Aínda os pon a profe, de momento! Temos que perfeccionar a técnica do enganchado, jajaja! De momento, estamos coa técnica do frotado. Foi tan tan sinxelo, que pintamos moitísimas mans cada un de nós, e varias veces! Primeiro marróns, e logo máis mans de cores para a árbore que temos fóra, na porta. Xa vos ensinaremos cando estea rematada.

martes, 14 de noviembre de 2017

CONSTRUÍMOS

   A profe Olga pasounos estes quebracabezas ben chulos! Os números, que van de 10 en 10 son algo difíciles, pero...a cuestión é ir fixándose nas partes e construíndo pouco a pouco. Outro truqui-truco e ir fixándose, en que primeiro o número vai el só, e despois sácao a pasear, o 1, despois o 2, despois o 3, e así ata o 9, ...



LECTOESCRITURA

   Seguimos avanzando na lectura e escritura. De momento, coñecemos as letras, somos capaces de reproducilas, coñecemos o seu son, copiamos directamente do encerado, e como xa empezamos a escribir algunha palabra nós sós, pois tamén toca ler. Ler??? Sí sí, claro, hai que animarse!!!
    Mirade a nosa lectura, que vos parece??? A nós, superdivertida!!! Fixámonos na primeira letra, e ás veces, xa nos sae quen é, senón fixámonos na segunda, e ás veces, incluso na última. Xogamos as adiviñanzas, tapamos os ollos, a profe escribe e tacháaan! Hai que adiviñar, quen será, será???  😏



*Desculpade a errata, acabo de vela, ups, mujer maravilla en castelán; en galego, muller marabilla; ou en inglés, wonder woman, e que co trilingüismo xa nos liamos...😅😅😅

sábado, 11 de noviembre de 2017

MATERIAIS PARA O PROXECTO VI

    Este mércores estabamos comezando a merendar cando di DANIEL: eeeeeei! Eu teño galletas de Superheroes! Parade! Dani meteu a man na súa mochila, e nós así...E tacháaaaaaaaaaan, tacháaaaaaaaaaaaaaan, sacou un paquete enorme de galletas de LadyBug, de Chat Noir, de Chloé, de Tikki, de Lepidóptero, ...
E nós encantad@s!!! Graciñas Dani!!! Tamén
nos fixo un debuxo de Superman.




   O noso compi Lucas deixounos as máscaras da serie PJ Masks, con Gatuno, Buhita e Gekko! Encántanos poñelas, pasámolo xenial! 

viernes, 10 de noviembre de 2017

MAGOSTO 2017

      Hoxe, pola tardiña, xuntámonos todos no ximnasio a cantar unha canción. Desta vez, non se fixeron os xogos tradicionais que facemos todos os anos, por mor do tempo. Tiñamos que estar a cuberto todo o cole, e non hai suficientes espacios cerrados para estar tod@s e xogar, polo que houbo cambio de plans.
      Ás 14.20, había que estar no ximnasio. A profe apurounos moitísimo, entramos, quitamos as chaquetas, hidratámonos, fomos ao baño, e veña, veña, rápido, rápido. A profe que pesadaaaa...Bueno, pois aquí nos tedes ás 14.25h, nós sós no ximnasio. 😛😜😝



 Tocou esperar! A profe tiña medo de perderse o espectáculo entón apurounos demasiado. Ao pouco, foi chegando todo o mundo, aquí nos tedes xa en posición para cantar tod@s xunt@s a canción "O MEU SOUTO" que nos leva ensinando varios días o profe Alberto. 
   Saiu de marabilla, quedou moi chulo, todos os nenos e nenas do cole, cos profes, cantando a canción. Isto todo quedou rexistrado cunha cámara que graba en 360 grados, para poder así saír tod@s, pero temos que esperar para velo. En canto o teñamos xa tratarei de subilo ao blog.

    Despois, os nenos e nenas de Infantil quedamos no ximnasio a comer as castañas. Espero que vos chegara a proba a casa, 😝😝😝, os cucuruchos enchémolos, algunhas papámolas nós e outras quixemos levalas para casa. Iso sí, todos os Pimpíns probamos as castañas. Aquí nos tedes en concentración máxima.

ARIANA BOTÁMOSTE DE MENOS!!!💗


   Aquí vos deixamos a letra da poesía convertida a canción por se queredes practicar, mentres se suben os vídeos pimpineros cantándoa! 😂