O martes, pola tarde, a profe María foi a encargada de levarnos ao auditorio. Alí esperábanos unha sesión de teatro! Teatro do bo eh, non vos equivoquedes, 😂😂😂🙊 Esta compañía de teatro, cuns actores e actrices que máis que talento e experiencia, teñen ilusión e ganas de facer cousiñas diferentes, que entreteñan aos nenos e nenas ao tempo que aprenden tamén un montón de cousas, contáronnos O CONTO DE SAMAÍN, a verdadeira historia do Samaín, falando dos celtas, os nosos antepasados e das súas tradicións no día 31 de Outubro.
Aquí vos deixo unha foto da compañía de teatro, non é a mellor pero non houbo tempo a máis. O druída debía estar quentando a voz para o conxuro...a saber!
Aquí podedes ver a unha cabaciña (Jennifer), as pantasmas (Romina e Victoria) que viñan do máis alá, a familia celta (Marisol, María e Bea), ao druída Kendal (Silvia), ao neno Artai (Olga), e aos presentadores Tristán (Juan) e Gaela (Bea Estévez).
Dende aquí darlles as gracias a tod@s os compañeir@s, e dicirlles que xa temos que ir pensando na seguinte!
Mirádenos co cariño que nos miran os pequen@s 😛Somos unha compañía modesta, que se encarga dos textos, da dirección, do vestiario, da escenografía, ...E como se soe dicir, o que conta é a intención!!!😊😊😏

No hay comentarios:
Publicar un comentario