Os Pimpíns tamén nos quixemos sumar aos lazos lilas.
Os nenos e nenas de Secundaria estaban no recreo repartindo lazos lilas. A profe colleu un e nós, cando entrou na clase preguntámoslle. Entón, aí xurdiu unha conversa. Falamos do que é a palabra Violencia. Para nós, é pegarse, empurrarse, falarse feo, dicir cousas malas, non querernos, non coidarnos e, claro está, estamos en contra de todo iso!
Ademais falamos da Igualdade, somos iguais? Sí, e falamos de quen pode xogar ao fútbol, quen pode cociñar, quen pode bailar, quen pode traballar, e a conclusión dos Pimpíns, e que todos podemos facer de todo! Nenos e nenas, todos somos iguais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario