Seguimos avanzando na lectura e escritura. De momento, coñecemos as letras, somos capaces de reproducilas, coñecemos o seu son, copiamos directamente do encerado, e como xa empezamos a escribir algunha palabra nós sós, pois tamén toca ler. Ler??? Sí sí, claro, hai que animarse!!!
Mirade a nosa lectura, que vos parece??? A nós, superdivertida!!! Fixámonos na primeira letra, e ás veces, xa nos sae quen é, senón fixámonos na segunda, e ás veces, incluso na última. Xogamos as adiviñanzas, tapamos os ollos, a profe escribe e tacháaan! Hai que adiviñar, quen será, será??? 😏
*Desculpade a errata, acabo de vela, ups, mujer maravilla en castelán; en galego, muller marabilla; ou en inglés, wonder woman, e que co trilingüismo xa nos liamos...😅😅😅
No hay comentarios:
Publicar un comentario