miércoles, 15 de noviembre de 2017

SUPERMOUCHO

   Esta semana está facendo moi bo tempo para poder saír e facer unha miniexcursión. A nosa idea é ir este venres ao MUSEO DO MOUCHO. Daremos un paseiño pequeno dende o cole, xa que está próximo, ata o museo e unha vez rematemos, xa voltamos para a merenda, ou para o comedor (depende da hora de saída que nos digan).
     


   Por que SuperMoucho??? Pois porque o moucho é unha ave nocturna, que come ratos, vermes, arañas, que ten un superpoder de visión e audición. Dende o Samaín, xa estivemos falando varias veces do moucho, en castelán, búho (nas últimas semanas temos a manía de traducir as palabras máis típicas do galego ao castelán, e viceversa), posto que aparecían no mural que fixemos para decorar a entrada do patio e ademais tamén aparecían no conxuro máxico da bruxa. Os mouchos eran un dos animais que a bruxa quería cazar e papar, xunto cos corvos e os nosos sapos. 

     Ademais estamos a preparar un mouchiño ben feitiño. Imos por partes, e como son bastantes estamos aficionándonos aos clips. Aínda os pon a profe, de momento! Temos que perfeccionar a técnica do enganchado, jajaja! De momento, estamos coa técnica do frotado. Foi tan tan sinxelo, que pintamos moitísimas mans cada un de nós, e varias veces! Primeiro marróns, e logo máis mans de cores para a árbore que temos fóra, na porta. Xa vos ensinaremos cando estea rematada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario