Todos os días @ encargad@ (como xa contamos nunha entrada anterior) fai a serie cuns números de madeira que temos, primeiro de pequeniño a máis grande, e despois dende o número máis grande ao máis pequeno.
O que imaxinamos son caramelos, jiji! Que preferimos? 9 caramelos ou 1? 9!!! Claro, porque é máis, 8 ou 2, 8! E así, tamén usamos os dedos, como xa vos dixemos, para todo, poñemos 10 e quitamos 1, 9, quitamos outro dedo, 8, facémolo todos xuntos, e así imos tamén axudando @ encargad@ por se dubida.
O outro día, para practicar coa TESOIRA, fixemos as series ascendentes e descendentes xa en papel. Recortar, colocar e pegar.
A idea non é facelo de memoria, o obxectivo é entender a cantidade, onde hai máis e onde menos, e ir introducindo conceptos como...1 menos (quitamos 1), 1 máis (engadimos).
No hay comentarios:
Publicar un comentario