Por fin!!! Despois de tanta e tanta búsqueda...
ATOPAMOS O CADRO!!!
O do martes foi incríble! Cantas emocións xuntas!
Contámosvos:
Como sabedes, os villanos deixáronnos en Youtube un vídeo no cal nos avisaban do envío dun mapa con intrucións a seguir.
1-Petaron á porta e era Antonio (conserxe) que nos viña traer unha carta para nós. Buenoooooooo...a emoción foi máxima!!! Xa tiñamos o MAAAPAAA!!!
2-Analizamos o cadro. Que significaban as letras X, unha verde e unha vermella😲, uns números e unhas liñas en zig-zag! Como facía Kandinsky...uuuui uuui...isto é moita coincidencia...subir as escaleiras??? Algúns Pimpíns...dixemos: TRAMPAAAAAA! Algúns pensamos que os villanos nos estaban facendo unhas trampas pero ao final, decidimos seguir as pistas.
3-Buscamos as pistas e fomos léndoas e seguindo o camiño. Chegamos ata a BIBLIOTECAAA!!!😱😱😱E tachán!!! Alí estaba o cadro, detrás dunhas cortinas, detrás dun mural vello, enriba dunha silla e dentro dunha bolsa de basura!!! Aínda así, atopámolo!🙌🙌🙌
*A foto é sacada dun vídeo, de aí, a mala calidade, non había maneira de facer fotos, vídeos con algo de xeito😆porque iamos tod@s revolucionad@s, a mil por hora.
4-De volta para as aulas, Aleixo reparou en algo negro que estaba posto nunha ventana...Que será? Aaa, é a braga coa que tapaba a cara o Villano chico!
Pensamos o porqué o villano deixaría alí a súa máscara.
Dúas opcións dixemos:
1- Andaba por alí vixiándonos e olvidouna.
2- Arrepentiuse de ser villano, e non o querer ser máis polo que deixou alí abandonada a súa braga de ladrón.
Decidimos quedarnos con esta última porque seguro que os villanos agora son boa xente!!!
5- Fomos polas aulas informando de que a búsqueda xa se cancelaba debido a que xa temos o cadro nas nosas mans. En todas as clases nos preguntaron que como o fixemos, e explicámoslle todos os pasos que tivemos que seguir. (Nunca tanta atención recibimos😆😆😆)
Como non, non quixemos perder a oportunidade de retratarnos co cadro de VERDE SÓLIDO.