jueves, 22 de marzo de 2018

POSIBLE CÓMPLICE

   Vaiaaaaaaaaaaa vaiaaaaaaaaaaa, a información que temos entre mans...isto estase complicando. Aleixo xunto coa súa madriña, fixeron un estudo minucioso do vídeo dos villanos e descubriron que detrás dos villanos había alguén. Sí, sí, unha persoa cunha chaqueta azul, e xusto Juanma ten unha igual...vaiaaaa que chasco!!! E non será...Juanma non terá nada que ver...Juanma non pode ser...
   Aleixo dixo que había que interrogalo. Rapidamente os Pimpíns, dixeron síiiiiiiiii, é Juanma o cómplice que os axudou, outr@s, nooooon, Juanma non foi que nos axuda a buscalos. Outr@s queren investigalo tema e falar con el directamente antes de acusalo. 



   Os Pimpíns seremos detectives, e para iso, temos que ir con mochila, gorra e folios para apuntar o que nos diga, tomarlle declaración vamos!!! A cousa ponse fea. Ademais hoxe non o vimos, escaparía do país? Aiiiii, a nosa persoa de confianza non pode ser...que nos falle! Resistímonos a pensar así😕😕😕
   Por certo, puxémoslle nome ao noso grupo:
   Xiana dixo: Buscadores de cadros.
   Sabela dixo: Liga de la justicia. 
   A idea foi mesturar os dous e quedou en:
sí:
BUSCADORES DE XUSTIZA

A UNIÓN FAI A FORZA

     Seguiremos informando...

No hay comentarios:

Publicar un comentario