Hoxe levamos para casa todo o noso traballo de case 3 meses! 2 libriños con un montón de cousas que fixemos e ademais todas as obras de arte que elaboramos este trimestre. Cansámonos de investigar diferentes técnicas (bueno, mentira, non nos cansamos, seguro que as repetiremos de novo😝).
Familias pimpinas, preguntádenos quen fixo todo o que hai dentro da carpeta, e diremos, EU!!! Preguntade...como o fixeches??? Porque temos unha mensaxe que darvos...A mensaxe é a seguinte: Fíxeno todo eu, coa miña cabeza pensando e coas miñas mans! 😊😊😊
Estamos desexando que nos felicitedes e valoredes, e vexades, todo o traballo que levamos hoxe feito.
Aquí tedes unas fotos ben bonitas celebrando que rematamos todo e que somos:
UNHAS CAMPIOAS E UNS CAMPIÓNS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario