O martes foi un día moooi intenso!!! Entramos no cole, repasamos un chisco os datos máis relevantes de Kandinsky e marchamos rápido que tiñamos unha cita na Radio de Cerceda!
Nada máis chegar, falamos cun policía e démoslle un cartel de SE BUSCA para que pegara na porta, e para que saia no coche a buscalos.
Despois subimos ata arriba de todo e entramos na radio! Fomos en grupos de 3 para poder falar tod@s polo micro. Que ilusión sentarnos nesa silla co micrófono diante e poñer os cascos!!! Guau que pasada!!!
Dende aquí, darlle as gracias a Marisol, que nos deixou os seus micros para explicar o que nos pasou e ademais tratounos moi ben. Tamén a toda a xente que alí nos atopamos, aos chicos que nos gravaron coa cámara (non recordamos os seus nomes) e a Cristina, que nos acompañou dende que entramos ata que saímos. E ademais dounos un agasallo a tod@s!!!
Graciñas a tod@s! De seguro volveremos!
Terémosvos informad@s do que aconteza cos villanos.
Pequenos grandes momentos!!!
A UNIÓN FAI A FORZA
A UNIÓN FAI A FORZA
Seguiremos informando...
No hay comentarios:
Publicar un comentario