Hoxe tocou festa de novo!!! Esta vez foi a do noso amigo TEO! Moitas felicidades amigooooo!!! Comimos unha tarta tremeeeeendaaaa, era enorme, eso sí papámola todiña. Ademais, pola tarde merendamos uns gusanitos, mmmmmm, que ben nos senta despois do traballo unha recompensa así!
Cantamos, como sempre, o cumpleanos feliz en varios idiomas, castelán, galego, inglés, italiano, e pensamos...se a nosa bandeira no desfile vai ser a de ALEMANIA, haberá que aprender o alemán!jajaja! Puxemos un vídeo na PDI da canción en alemán pero non nos enteramos de nada, jajajajajaja! Non soubemos nin repetir unha palabra! Teremos que estudiala con máis calma...
No hay comentarios:
Publicar un comentario