Este trimestre é bastante pequeniño, por iso, decidiuse a nivel de centro, retrasalo un pouquiño máis, e en vez de entregar as notas antes de Semana Santa, entregaranse o 1 de Abril, e con elas os traballiños dos Pimpíns.
Xaneiro, foi adicado por completo a preparar o entroido, entón quedaban xa poucos días para comezar un novo proxecto. Os Pimpíns, preguntaron, profe cando votamos o que queremos investigar? Gústalles moito, seino, pero para facer algo a toda presa, agobialos, e non facer as cousas con calma pois...pensei en facer pequenos traballiños, que sempre quedaron pendentes por un cousa ou por outra, e agora temos tempo!
Imos adicarnos, a traballar as mates co método ABN, xa fixen unha entradiña por aí abaixo, e farei máis, para que vexades como funciona, e o que os Pimpíns van avanzando. Seguiremos coa lectura e escritura, sempre de xeito motivador e integrado nas diversas actividades (a verdade, e que botamos o día escribindo, xa que agora vemos o necesario que é para facer todo) e tamén imos facer un Obradoiro de Grafismos ( debuxar trazos e ir compoñendo as nosas obras de arte, aínda non comezamos), e facer as nosas propias obras de arte a partir dunha xa coñecida ( fixemos os Girasoles de Van Gogh, e estamos cos Relojes Blandos de Dalí), e ademaaaaaaaaais: TACHAAAAAAAAAAAN!!!
Converterémonos en chefs!!! Hoxe, ao ritmo da profe Chef, fixemos unha ensalada ricaaaaaa ricaaaaaa, pero sen leituga, nin tomate, nin nada diso! Soamente precisamos rotuladores, as nosas mans, a nosa cabeza creando e imaxinando esa ensalada e rapidez, moita rapidez! jajajaja!!!
Os Pimpíns, cada vez que a profe dicía un novo ingrediente que botar a esa ensalada dicía: Sí, chef!!!
Pasámolo pipaaaaaaaa!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario