jueves, 18 de febrero de 2016

Una madre para Owen


     Estamos entusiasmados con esta historia que lemos neste conto. A profe non puido resistirse a comprar este conto porque sabía que nos ía gustar moito, e así foi. É unha historia real, baseado en feitos reais, iso impactounos moito. Os protagonistas son un hipopótamo chamado Owen e unha tartaruga chamada Mzee. É unha historia tremenda, chea de tristeza pero ao final, tamén bonita e chea de cariño e amor. 



   Algúns Pimpíns falamos na casa deste conto de Owen. Estamos a investigar se aínda están vivos, xa que a historia é do 2004. Owen tiña 1 aniño e Mzee tiña 130, entón non sabemos se aínda estarán vivos. Algún Pimpín xa nos dixo que investigara e contounos as súas pesquisas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario