Aquí tedes un vídeo de como fixemos as decenas cos palillos, de como contamos de 10 en 10 e tamén veredes como poñemos os números con palillos para entender, por exemplo, que o 15, son 1 decena e 5 unidades, ou tamén 15 unidades, ...
Despois de varias semanas, traballando o concepto decena (aínda falta moito que andar porque parece fácil, pero teñamos en conta que son nen@s de 5 anos, e non teñen a mesma capacidade de abstracción numérica ca nós...), xa logramos identificar moitos números, e chegar ata o 100. Por iso temos moitaaaaaaaas tarxetas con números escritos con palillos e nós, imos sumando decenas e logo engadindo unidades e así descubrimos que número é!
No hay comentarios:
Publicar un comentario