Hoxe, 24 de Febreiro, nacería fai 179 anos Rosalía de Castro. Un día importante, sen dúbida, para a nosa terra. Levamos uns días falando, de quen foi Rosalía, cando naceu, cando morreu, os libros que escribiu e os poemas tan fermosos que deixou escritos.
Como parte dun traballo de centro, hoxe fixemos unha postal para levar a casa. Despois de aprender un pequeno poemiña de Rosalía, e de ver o mural que fixeron no cole, quixemos plasmar na nosa postal o significado dese poema. Pola parte traseira, puxemos a nosa dirección e como non tiñamos selos, pois puxemos unha C de Cerceda, cunhas letriñas que ten a profe.
Ben fermosos que quedaron as nosas postaliñas!
Agora seguimos aprendendo versos de Rosalía. Lanzámonos co Adiós, ríos, adiós, fontes. Xa pegamos esta poesía na nosa Libreta Bombilla para levar a casa, e seguir aprendéndoa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario