sábado, 27 de febrero de 2016

FOTÓGRAF@S

   Como xa sabedes, estamos a usar a cámara fotográfica. Ao principio, tiñamos que facer unha foto á semana cada un de nós, había que apuntarse nunha lista para ver quen fixera a foto e avisar a quen non a fixera aínda. Agora xa non nos fai falla esa lista porque a cámara está máis que integrada na aula.
    Os Pimpíns, cada vez que lles gusta algo, ou que non lle gusta, collen a cámara, (está enriba da mesa da profe) e fan unha foto. Non hai que pedirlla a profe, xa que sabemos que a temos que coidar, non pode caer ao chan, e se nos atascamos con ela, hai que chamar a un compi que nos axude ou á profe, se xa é un atasco dos grandes, jijiji!
    Aquí vos deixamos as fotos destas semanas. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario