martes, 23 de febrero de 2016

XOGANDO COAS MATES

   Dende xaneiro, na clase, estamos traballando as mates dun xeito, máis manipulativo, quizáis máis divertido e entretido. Os Pimpíns estamos cos palillos para arriba e para abaixo. Gústanos!
   De seguro que escoitastes aos nenos/as falar de palillos, e tamén o vistes na libreta bombilla. Pois sí, estamos traballando o método chamado ABN. Consiste en traballar o cálculo mental, e non tanto o cálculo mecánico que traballa a matemática tradicional.    (Algunhas profes do cole, estamos a facer un grupo de traballo relativo a este método, reunímonos varias veces ao mes, para analizar e planificar actividades baixo este método. As profes tamén estamos aprendendo, pero moi ilusionadas vendo os avances do noso alumnado).


   Comezamos polo principio. Palillos. Cada 2 Pimpíns comparten unha caixa chea de palillos.
- Poñemos 7 palillos, 5 palillos, 9 palillos, beeeeeeeeeeeeen.
- Agora imos poñer 15, e agora 12, e agora 19....puuuuuuuuuuuuuuf! Profe, tardamos moito!
   Ata que a profes (a tarde do xoves, sempre ven a profe Patri a axudarnos coas mates) ensinaron unha decena
   Para facer 12, poño 1 decena e 2 unidades! Que rápidoooooo! E conto a partir de 10, porque como xa sei que teño 10, pois non fai falla que empece no 1 (isto, hai nen@s que tardan en conseguilo, non é tan fácil como pode parecer).
   Veña, imos poñer o 22. Hai nen@s que poñen 2 decenas e 2 unidades. Outr@s 1 decena e 12 unidades, e outr@s 22 palillos. Todo é correcto claro, pero pouco a pouco ven aos seus compis, que o fan moi rápido e din: aaaaaaaaaaah, vale, con decenas!

   Por isto, é fundamental, traballar o conteo de 10 en 10, para poder contar as decenas que ten un número, por ex. Número 36, conto de 10 en 10 ata chegar a 30, 10 (poño unha decena de palillos), 20 (poño outra decena), 30 (outra decena) e agora conto de 1 en 1. Repito, parece fácil, pero ás veces, hai moita confusión co concepto decena.

   Irei colgando vídeos para que vexades os nosos avances. Non soamente, traballamos a decena, senón as casiñas de descomposición, a táboa do 100, e demáis cousiñas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario