miércoles, 31 de mayo de 2017

DECORACIÓN DA NOSA AULA COAS APORTACIÓNS DA CASA

      Dende que se enviou a nota para casa de Van Gogh, Gene Kelly e Casares, foi incrible todo o que ao cole chegou!!! Guauuuuuuuuuuu!!! IMPRESIONANTE!
   Cando vin a cámara! Puuffff, xa non era quen de saber de quen era cousa, xa non estaba segura, ...e iso que somos 14!!! Imaxinade o aluvión!!! Soamente dicirvos que o primeiro día, tiña un vídeo de 15 minutos de varios Pimpíns contando cousas! jiji! Tremendo! Por todo isto...
GRACIAS FAMILIAS!!!

  Non sabedes que importante é que colaboredes así co colexio... Fundamental para os vos@s pequen@s!!! Estou preparando uns vídeos dos Pimpíns contándonos todo o que trouxeron e xa veredes xa, as súas caras de felicidade e éxito total cando contan o que a súa mamá ou papá, ou familia en xeral, lle axudou a facer na casa! 

    Deixovos de momento, unhas instantáneas da nosa clase! Na que xa case non nos queda ningún oco baleiro que usar para poñer máis traballos, manualidades, debuxos, etc. 😅






*   😕Falta a foto de todos os libros que temos expostos enriba dos estantes que tamén viñeron das casas.

* Anécdota: Títulos feitos polos Pimpíns! Un día estivemos practicamente unha hora enteira pintando as letras dos nomes dos diferentes artistas. Unha vez que algún Pimpín empezaba a cansarse de tanta cera, pregunta: E cantos artistas máis imos aprender???? Estes 3 ( di a profe). Aaaaaah, vale. (Contesta Pimpín) jajajajaja! Como dicindo...espero que ningún máis porque se  de cada un, me fas pintar unha hora enteira!!! 😆Pimpíns 🔝!

AGASALLO DO DÍA DA FAMILIA

   Aquí vos deixamos o vídeo que non se podía ver a semana pasada!!!
    Un vídeo- resumo de todo o que fomos facendo para que quedara un agasallo tan tan fermoso. Aquí o tedes:


XORNADA CONTINUA


  O horario dende o vindeiro xoves será de 9.30h. a 16.00h. igualmente. O único que cambia é que as clases serán todas seguidas, sen parar para comer, de 9.30h. a 14.20h. 


                                                      Ás 14.20h. iremos para o comedor.

   Ás 15.10h. aprox., sairemos e as coidadoras levaránnos ao patio a xogar un pouquiño.
   Ás 16.00h. uns iremos para o autobús e outr@s marcharemos coa nosa familia que nos estará esperando no colexio.



     *Lembrade, @s nen@s estarán acompañados en todo momento polas coidadoras do comedor ata as 16.00h. igual que o facían antes a mediodía. 

lunes, 29 de mayo de 2017

AREA FÓRA!!!

   Estes días atrás (de calor) iamos tod@s content@s ao patio de area. Iso sí, volvemos cheos de area a clase, 👀. Para non manchala tanto de pedriñas, botamos unhas carreiras antes de entrar para que os zapatos queden ben limpos. Un día, un Pimpín, sentouse ao fondo a bater os zapatos contra o chan, ao lado púxose outr@ Pimpín, máis tarde engadiuse outr@, ...e así ata que saiu a profe da clase e mirou ao fondo e alí estabamos tod@s!!!
   Así de xeito espontáneo!!! (Á profe esas cousas chíflanlle, e correndo foi pola cámara e mandounos seguir "zapateando").

FABAS MÁXICAS E BEN MÁXICAS

      Hoxe cando chegamos a clase...
   As fabaaaaas!!! Canto creceron!!! Que barbaridade!!! Iso sí, preguntade preguntade, a quen non lle creceron as súas fabas??? A queeeeen??? Jajajaja, incríble!




    O xoves, pasámolas do algodón á terra (xa ían sendo horas, jejeje, para quitarlles o algodón...pufff). Pinchámoslle o castelo e a nube á que chegaba Juan, o do conto, e a esperar...a ver se as nosas tamén chegan. Alí as deixamos...un pouquiño de auga para aguantar o sábado e o domingo e...
     Guauuuuuuuu, hoxe enormeeees!!! Fabas máxicas sí, sí!!!



   Tivemos que desenredalas, unhas das outras, jajaja! E nós, a profe máis ben, non confiaba en que creceran moito! Naaada!!! Este finde beberon auga e máis auga e ata o castelo chegaron (algunhas aínda non chegaron e outras xa pasaron do castelo para arriba)!!!



   Todos estes días, estivemos regándoas pola mañá, cada Pimpín o seu vasiño, para que o algodón estivera sempre un pouco húmido. E así foi, que do ben tratadiñas que estiveron, creceron ata as NUBES!!!

jueves, 25 de mayo de 2017

MOMENTOS...

   Mentres se arranxan eses pequenos problemiñas... Aquí tedes un vídeo, editado xa fai 1 mes, que quedou sen publicar porque viñeron as vacacións de semana santa, logo viñeron novidades e aí quedou...É un vídeo pequeno de cando cambiamos de sitio na aula e un día divertíndonos no patio de area. O que nos gusta ese patio!!!

AVISO

   Fai uns días publicouse un vídeo do agasallo da familia pero parece ser que hai problemas coa música e non o podedes ver. Tratarei de arranxalo esta fin de semana e subilo de novo para que o poidades ver. Saen os Pimpíns mandándovos unha mensaxe, polo que é unha mágoa que non o poidades ver.
   Ademais, non sei o porqué o taboleiro dos comentarios desapareceu dun día para outro, a ver se consigo poñer outro. De momento, penso que o que está posto serve para escribir.
     O dito...tratarei de solucionalo.
     Un saúdo.
     Silvia.
 

sábado, 20 de mayo de 2017

FESTIVAL FIN DE CURSO

   O curso escolar rematará, como xa se informou nunha nota, o día 22 de Xuño (os demais coles farano o 23, pero en Cerceda é día festivo, polo que se adianta o remate  ao día 22).
   Este ano faremos o festival de fin de curso por separado, un día Secundaria e outro día, Infantil e Primaria xuntos.
  O día no que actuamos nós, os Pimpíns, xunto cos demais nen@s de Infantil e Primaria, será o día 21 de Xuño. (O horario aínda non está confirmado). Aínda que o festival sexa o 21, o 22 haberá clase para @s nen@s igualmente. 



viernes, 19 de mayo de 2017

VAN GOGH

   Estes días, mentres nos decidiamos por onde tirar, que pintor investigar...Atopamos na aula unha serie de fotos de cadros de Van Gogh que como nos gustaron moito, pois fomos aprendendo os seus nomes. Xa coñecemos estes títulos...


     Coa profe Eugenia, xa fixemos incluso un puzzle do autorretrato que aí vedes de Van Gogh!!!

   Ademais, aquí tedes o vídeo dos MiniEinsteins onde tamén aparecen e do cal, xa falamos na anterior entrada do blog.


AS FABAS MÁXICAS

      Unha tarde, fai 1 semana máis ou menos, fomos ver un vídeo dos Little Einsteins no que falan de Van Gogh, a aula de 3 anos A, xa que a nosa PDI estivo sen poder usarse durante uns días (xa temos ordenador novo, e faltaba o cable que o conecta coa pizarra dixital). Entón, @s nen@s invitáronnos a ir á súa clase a ver o vídeo.
Que cousas!!! Alí aparecía unha planta enorme que saía dunhas FABAS MÁXICAS. Tras ver o vídeo, a profe Olga, dounos un montón de fabas e agora estamos esperando a ver se son máxicas ou non! Se chegan ata o castelo ou non! A ver...a ver...iso sí, hai que ter paciencia e esperar a que medren!!!

1º ORGANIZAMOS O MATERIAL QUE PRECISAMOS

2º ETIQUETAMOS OS VASOS 

3º HUMEDECEMOS O ALGODÓN

4º COLOCAMOS 4 FABAS MÁXICAS

5º POÑEMOS OUTRA CAPA DE ALGODÓN E LISTO!

*Ahhh, por certo, hoxe algúns Pimpíns foron á clase de 4 anos a ver como van os Vermes de Seda! Se xa fixeron o casulo ou non, ou se xa son bolboretas pero non...aínda nada!!!
Iso sí! Creceron un montón, mirade mirade!!!



DISCIPLINAS DA ARTE

   Onte levamos para casa unha nota co novo proxecto que imos comezar. Quizais chamarlle proxecto, non é o correcto, pois implica moitas máis fases, das que por mor do tempo que nos queda de cole, non van poder realizarse. Aínda así, imos aprender cousiñas novas, facer traballos interesantes e divertirnos todo o que poidamos! Claro que sí!!!
  Por isto, imos traballar diferentes artistas, nos que cada un deles, se adicaron a distintas disciplinas dentro da ARTE. Así é como nós os chamamos, artistas sí, pero de que???

- VAN GOGH, artista do pincel (pintor).
- GENE KELLY, artista da pista (bailarín).
- CARLOS CASARES, artista das letras (escritor).

   O que vos pedimos é que traiades calquera tipo de material que teñades pola casa, ou que elaboredes vós mesmos sobre VAN GOGH, en principio é o que necesitamos máis. De todos xeitos, se tedes calquera cousa relacionada con Kelly e Casares será ben recibida tamén. 

Graciñas.


miércoles, 17 de mayo de 2017

LETRAS GALEGAS 2017

   Os Pimpíns sabemos que hoxe é o día das Letras Galegas, por iso non hai clase. Sabemos que está adicado a CARLOS CASARES, que é un artista das letras, que escribiu un montón de libros en galego, e coñecemos algúns dos seus títulos.
   Nós xa sabiamos todo isto fai varios meses, sí sí, como o ledes, dende Outubro máis menos. Explicámosvos o porque:

- Todos os anos, dende a Consellería de Educación, promóvese un concurso das letras galegas. Consiste en facer 10 paneis representando a vida e obra do autor ou autora homenaxeado no Día das Letras Galegas dese ano. 
- Este ano algúns dos mestres/mestras do cole decidimos presentarnos ao concurso e empezamos a traballar nos paneis.
- A aula dos Pimpíns, tocounos falar do seu nacemento e da súa obra A GALIÑA AZUL. 
- En Outubro, era bastante complicado explicarlles o día de hoxe aos nen@s, e o do concurso tamén, polo que quedou un pouco no aire.
- Cando fai unhas semanas, se colgaron os paneis no hall do colexio fomos ata alí e xa ao momento: Proooooofe, a Galiña AZUL!!!.
-  Ese foi o momento de explicarlles todo, lembrades cando fixemos o panel...

 ESTE FOI O NOSO PANEL: A GALIÑA AZUL


   A mágoa foi que non fomos os gañadores...Quedamos no 2º posto, entre todos os coles de Galicia que se presentaron. Foi un duro traballo, de colaboración e cooperación cos demais mestres, xa que todo ía guiado con un mesmo lema:
                                             EU 💓 CASARES
   Todos teñen o código QR que dá acceso a un vídeo explicativo, e todos seguen un fío condutor da historia e vida de Carlos Casares. 

   Aquí vos deixamos unhas fotos deses paneis. Cada un representa un conto escrito por Carlos Casares.



   Os Pimpíns coñecemos as obras que están máis adicadas a Infantil e que foron feitas por nenos e nenas de Infantil e as súas mestras. Así, o PANEL Nº 1 é o noso, A GALIÑA AZUL.
 O Nº 2, LOLO ANDA EN BICICLETA, aula de 5 ANOS A.
 O Nº 3, TORIBIO E OS SEUS ARTILUXIOS, aula de 5 ANOS B.
 O Nº 5, VENTO FERIDO, aula de 3 ANOS B.
 O Nº 10, AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS, aula de 4 anos.

   
   Dende aquí parabéns ao cole gañador do concurso. Estes son os seus paneis: 

   Tanto os do noso cole como estes, podedes velos na entrada do cole, no edificio principal.

martes, 16 de mayo de 2017

TÓMBOLA 2017

   Hoxe, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, tivo lugar a TÓMBOLA, xa famosa do cole. Os nenos e nenas, van pasando por diferentes xogos (neste caso relacionados coa bibliografía de Carlos Casares, autor ao que se lle adica o Día) e segundo vaian gañando van obtendo puntos. Eses puntos, serán canxeados por diferentes premios na TÓMBOLA. 
   Hoxe, os Pimpíns pasámolo xenial! Iso sí, tivemos que entrar na clase a descansar varias veces, e a recuperar forzas, a beber, porque vaia calor!!! Mereceu a pena porque o pasamos pipa!!!




lunes, 15 de mayo de 2017

DÍA DA FAMILIA

   Hoxe, Día da Familia, queremos darvos un agasallo e esperamos que vos guste moitísimo!!!
   Estivemos a semana pasada facéndoo e aínda rematamos hoxe algúns detalliños e o envoltorio feito por nós mesm@s!!!
 ESPERAMOS QUE VOS GUSTE DE 💗

 

viernes, 12 de mayo de 2017

VERMES DE SEDA

     Esta semana fomos á clase dos nenos e nenas de 4 anos porque teñen alí...
VERMES DE SEDAAA!!!

     Fomos ver como están, se xa creceron, se xa fixeron o casulo ou se xa se converteron en crisálidas, ou mellor aínda, estamos desexando ir ata a súa clase de novo e que se converteran xa en Bolboretas!!! 
   Soamente, algúns Pimpíns atrevid@s animáronse a coller nas súas mans aos vermiños.
     Por certo, encántanos ir a outras clases e ver o que alí fan,  e sempre que alguén fai unha actividade interesante alí estamos nós! Sempre que podemos imos de "paseillo". 😆😆😆



DESCUBRIMOS MÁIS LETRAS

   Rematando xa o curso, estamos a ver algunhas das letras que non saen nin nos nomes dos días da semana, nin nos nosos nomes, nin nos nomes dos animais das mesas, pero sí algunha está saíndo xa nos apelidos. Por certo, estamos a escribir xa os nosos apelidos, case sabemos de memoria os 2 apelidos de cada un dos Pimpíns, de tanto que os repite a profe debe ser...😉 

   Estes días falamos do I grego, Y, e pensamos palabras que teñan Y, Yasmín (unha nena de 4 anos), e YoYó!!! Xiana e Uxía trouxeron 2 yoyós á clase e son a sensación, aínda despois dunha semana. En canto podemos, collémolos e a xogar!!! 

   

   Tamén estivemos vendo a Z, e por iso Sabela, tróuxonos á clase un animaliño que empeza por esta letra!!! Que animaliño é???

ZORRO!!!






   E ademais, na asemblea de pola mañá, cando facemos as nosas rutinas, ocorren cousas sempre moi curiosas...Neste caso, falando do N de Nicolás, Xiana levantou a man e dixo: Aaaaaaaaquí aquí, teño tamén un N!!! N-i-k-e! 
   Aleixo, acércase a Xiana para comparar porque tamén lle parecía a el, que o seu tenis poñía o mesmo co de Xiana e...efectivamente!!! Pon o mesmo!!!


SIMETRÍAS

   Cun sinxelo debuxo dunha bolboreta estivemos traballando a simetría. A profe Olga dounos unhas bolboretas e con elas fixemos MAXIA POTAXIA!!!
   Pintamos soamente un ladiño da bolboreta, dobramos o folio ben ben (iso fíxoo a nosa profe), aplastamos ben ben e TACHÁAAAAAAAAAAAAAAN!!! Bolboreta pintada polos 2 lados!!!
   Que cariñas nos quedaron cando cada un de nós abriu o seu folio!!!jajaja! Incrible!!!


viernes, 5 de mayo de 2017

BATIBURRILLO DE IDEAS

      Esta entrada do blog, é para informarvos do que estamos a facer na aula este trimestre. O título da entrada dá nome a como estamos agora mesmo. Este trimestre é moi pequeniño, varios festivos, e Xuño, que a maior parte do tempo temos que adicarllo a preparar o festival de fin de curso! Entón...complícase a cousa...

   A idea é traballar algo relacionado coa ARTE! Estamos a ver cadros, a ver se nalgún salta esa chispa que precisamos os Pimpíns para meter de cheo as mans na masa! Algunha escultura tamén estamos vendo, escoitando MÚSICA, que tamén é unha grande área da Arte...
    En fin...xa vos informaremos o antes posible porque o tempo apremia! 😓

    O que sí vos podevos asegurar e que xa estamos enganchados a SINGIN´IN THE RAIN!!! 😂😂😂😂😂😂😂😂😂😂

   Buscamos a FRANK SINATRA, e escoitamos o seu New York, New York, e o seu My Way, ...Aiiiiiiiiiiii!!! Pero cando vimos a secuencia da chuvia de Gene Kelly quedamos prendados!!! (Estas son as chispas que se precisan para meterse de cheo en algo, jiji). A profe, un pouco pesada poñéndonos a Frank, pero a nós o que nos gustou foi GENE KELLY, o que pasa que entre Frank Sin-Nata (como dixemos algúns Pimpíns, a profe botou a rir que case se ten que tirar ao chan), o MY WAy, e CANTANDO BAJO LA LLUVIA, liámonos un pouquiño e xa tiramos polo camiño máis curto. 
   Quen canta CANTANDO BAJO LA LLUVIA??? O amigo de Frank!!! Enormes os Pimpíns, pois claro, o amigo de Frank!
   Seguro que de aquí sacamos algo xa para o FESTIVAL DE FIN DE CURSO!!! Prepárate Gene Kelly, aló imos os Pimpíns!

jueves, 4 de mayo de 2017

REXISTRO DE PEGAMENTOS E CERAS COMPLETADO

   Aquí tedes o papeliño que demostra que todos os Pimpíns trouxeron o material! Non hai ningún que se esquecera de rexistrarse! E se tedes algunha dúbida, jajajajaja, para mostra un botón!
Algún Pimpín, non se lembraba se xa se rexistrara ou non, entón pensamos como podiamos solucionar ese problema! Fácil e sinxelo, búscate no rexistro e se estás e que sí trouxeches o material! Punto e final! Problema resolto, 😁😁😁


DEBUXOS PARA OS PADRIÑOS

   Mañá, venres, imos ir a clase de 6º A a darlle aos nosos padriños de lectura un bo feixe de debuxiños!!!
Esperemos que lles gusten!!!
Aquí os tedes en primicia!!!😍👍



   Para este debuxo tivemos que diferenciar e ter claros 2 conceptos distintos:
DEBUXAR E PINTAR

   Co rotulador negro debuxo o que eu quero, pero non o pinto con ese rotulador. (A algún Pimpín costoulle moito entender esta idea. Soamente debuxar, nada de encher os ocos).
   Unha vez feito o debuxo, collo as cores e póñome a enchelo de cor, a pintar.
   O nome, escrito por nós, cada letra dunha cor para que resulte ben bonito. E o título do debuxo, escrito pola profe en lapis e repasado por nós cos rotuladores de punta fina.