Hoxe cando chegamos a clase...
As fabaaaaas!!! Canto creceron!!! Que barbaridade!!! Iso sí, preguntade preguntade, a quen non lle creceron as súas fabas??? A queeeeen??? Jajajaja, incríble!
O xoves, pasámolas do algodón á terra (xa ían sendo horas, jejeje, para quitarlles o algodón...pufff). Pinchámoslle o castelo e a nube á que chegaba Juan, o do conto, e a esperar...a ver se as nosas tamén chegan. Alí as deixamos...un pouquiño de auga para aguantar o sábado e o domingo e...
Tivemos que desenredalas, unhas das outras, jajaja! E nós, a profe máis ben, non confiaba en que creceran moito! Naaada!!! Este finde beberon auga e máis auga e ata o castelo chegaron (algunhas aínda non chegaron e outras xa pasaron do castelo para arriba)!!!
Todos estes días, estivemos regándoas pola mañá, cada Pimpín o seu vasiño, para que o algodón estivera sempre un pouco húmido. E así foi, que do ben tratadiñas que estiveron, creceron ata as NUBES!!!
Todos estes días, estivemos regándoas pola mañá, cada Pimpín o seu vasiño, para que o algodón estivera sempre un pouco húmido. E así foi, que do ben tratadiñas que estiveron, creceron ata as NUBES!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario