Unha tarde, fai 1 semana máis ou menos, fomos ver un vídeo dos Little Einsteins no que falan de Van Gogh, a aula de 3 anos A, xa que a nosa PDI estivo sen poder usarse durante uns días (xa temos ordenador novo, e faltaba o cable que o conecta coa pizarra dixital). Entón, @s nen@s invitáronnos a ir á súa clase a ver o vídeo.
Que cousas!!! Alí aparecía unha planta enorme que saía dunhas FABAS MÁXICAS. Tras ver o vídeo, a profe Olga, dounos un montón de fabas e agora estamos esperando a ver se son máxicas ou non! Se chegan ata o castelo ou non! A ver...a ver...iso sí, hai que ter paciencia e esperar a que medren!!!
1º ORGANIZAMOS O MATERIAL QUE PRECISAMOS
2º ETIQUETAMOS OS VASOS
3º HUMEDECEMOS O ALGODÓN
4º COLOCAMOS 4 FABAS MÁXICAS
5º POÑEMOS OUTRA CAPA DE ALGODÓN E LISTO!
*Ahhh, por certo, hoxe algúns Pimpíns foron á clase de 4 anos a ver como van os Vermes de Seda! Se xa fixeron o casulo ou non, ou se xa son bolboretas pero non...aínda nada!!!
Iso sí! Creceron un montón, mirade mirade!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario