Rematando xa o curso, estamos a ver algunhas das letras que non saen nin nos nomes dos días da semana, nin nos nosos nomes, nin nos nomes dos animais das mesas, pero sí algunha está saíndo xa nos apelidos. Por certo, estamos a escribir xa os nosos apelidos, case sabemos de memoria os 2 apelidos de cada un dos Pimpíns, de tanto que os repite a profe debe ser...😉
Estes días falamos do I grego, Y, e pensamos palabras que teñan Y, Yasmín (unha nena de 4 anos), e YoYó!!! Xiana e Uxía trouxeron 2 yoyós á clase e son a sensación, aínda despois dunha semana. En canto podemos, collémolos e a xogar!!!
Tamén estivemos vendo a Z, e por iso Sabela, tróuxonos á clase un animaliño que empeza por esta letra!!! Que animaliño é???
ZORRO!!!
E ademais, na asemblea de pola mañá, cando facemos as nosas rutinas, ocorren cousas sempre moi curiosas...Neste caso, falando do N de Nicolás, Xiana levantou a man e dixo: Aaaaaaaaquí aquí, teño tamén un N!!! N-i-k-e!
Aleixo, acércase a Xiana para comparar porque tamén lle parecía a el, que o seu tenis poñía o mesmo co de Xiana e...efectivamente!!! Pon o mesmo!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario