viernes, 19 de mayo de 2017

DISCIPLINAS DA ARTE

   Onte levamos para casa unha nota co novo proxecto que imos comezar. Quizais chamarlle proxecto, non é o correcto, pois implica moitas máis fases, das que por mor do tempo que nos queda de cole, non van poder realizarse. Aínda así, imos aprender cousiñas novas, facer traballos interesantes e divertirnos todo o que poidamos! Claro que sí!!!
  Por isto, imos traballar diferentes artistas, nos que cada un deles, se adicaron a distintas disciplinas dentro da ARTE. Así é como nós os chamamos, artistas sí, pero de que???

- VAN GOGH, artista do pincel (pintor).
- GENE KELLY, artista da pista (bailarín).
- CARLOS CASARES, artista das letras (escritor).

   O que vos pedimos é que traiades calquera tipo de material que teñades pola casa, ou que elaboredes vós mesmos sobre VAN GOGH, en principio é o que necesitamos máis. De todos xeitos, se tedes calquera cousa relacionada con Kelly e Casares será ben recibida tamén. 

Graciñas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario