Os Pimpíns sabemos que hoxe é o día das Letras Galegas, por iso non hai clase. Sabemos que está adicado a CARLOS CASARES, que é un artista das letras, que escribiu un montón de libros en galego, e coñecemos algúns dos seus títulos.
Nós xa sabiamos todo isto fai varios meses, sí sí, como o ledes, dende Outubro máis menos. Explicámosvos o porque:
- Todos os anos, dende a Consellería de Educación, promóvese un concurso das letras galegas. Consiste en facer 10 paneis representando a vida e obra do autor ou autora homenaxeado no Día das Letras Galegas dese ano.
- Este ano algúns dos mestres/mestras do cole decidimos presentarnos ao concurso e empezamos a traballar nos paneis.
- A aula dos Pimpíns, tocounos falar do seu nacemento e da súa obra A GALIÑA AZUL.
- En Outubro, era bastante complicado explicarlles o día de hoxe aos nen@s, e o do concurso tamén, polo que quedou un pouco no aire.
- Cando fai unhas semanas, se colgaron os paneis no hall do colexio fomos ata alí e xa ao momento: Proooooofe, a Galiña AZUL!!!.
- Ese foi o momento de explicarlles todo, lembrades cando fixemos o panel...
ESTE FOI O NOSO PANEL: A GALIÑA AZUL
A mágoa foi que non fomos os gañadores...Quedamos no 2º posto, entre todos os coles de Galicia que se presentaron. Foi un duro traballo, de colaboración e cooperación cos demais mestres, xa que todo ía guiado con un mesmo lema:
EU 💓 CASARES
Todos teñen o código QR que dá acceso a un vídeo explicativo, e todos seguen un fío condutor da historia e vida de Carlos Casares.
Aquí vos deixamos unhas fotos deses paneis. Cada un representa un conto escrito por Carlos Casares.
Os Pimpíns coñecemos as obras que están máis adicadas a Infantil e que foron feitas por nenos e nenas de Infantil e as súas mestras. Así, o PANEL Nº 1 é o noso, A GALIÑA AZUL.
O Nº 2, LOLO ANDA EN BICICLETA, aula de 5 ANOS A.
O Nº 3, TORIBIO E OS SEUS ARTILUXIOS, aula de 5 ANOS B.
O Nº 5, VENTO FERIDO, aula de 3 ANOS B.
O Nº 10, AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS, aula de 4 anos.
Dende aquí parabéns ao cole gañador do concurso. Estes son os seus paneis:
Tanto os do noso cole como estes, podedes velos na entrada do cole, no edificio principal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario