Esta entrada do blog, é para informarvos do que estamos a facer na aula este trimestre. O título da entrada dá nome a como estamos agora mesmo. Este trimestre é moi pequeniño, varios festivos, e Xuño, que a maior parte do tempo temos que adicarllo a preparar o festival de fin de curso! Entón...complícase a cousa...
A idea é traballar algo relacionado coa ARTE! Estamos a ver cadros, a ver se nalgún salta esa chispa que precisamos os Pimpíns para meter de cheo as mans na masa! Algunha escultura tamén estamos vendo, escoitando MÚSICA, que tamén é unha grande área da Arte...
En fin...xa vos informaremos o antes posible porque o tempo apremia! 😓
O que sí vos podevos asegurar e que xa estamos enganchados a SINGIN´IN THE RAIN!!! 😂😂😂😂😂😂😂😂😂😂
Buscamos a FRANK SINATRA, e escoitamos o seu New York, New York, e o seu My Way, ...Aiiiiiiiiiiii!!! Pero cando vimos a secuencia da chuvia de Gene Kelly quedamos prendados!!! (Estas son as chispas que se precisan para meterse de cheo en algo, jiji). A profe, un pouco pesada poñéndonos a Frank, pero a nós o que nos gustou foi GENE KELLY, o que pasa que entre Frank Sin-Nata (como dixemos algúns Pimpíns, a profe botou a rir que case se ten que tirar ao chan), o MY WAy, e CANTANDO BAJO LA LLUVIA, liámonos un pouquiño e xa tiramos polo camiño máis curto.
Quen canta CANTANDO BAJO LA LLUVIA??? O amigo de Frank!!! Enormes os Pimpíns, pois claro, o amigo de Frank!
Seguro que de aquí sacamos algo xa para o FESTIVAL DE FIN DE CURSO!!! Prepárate Gene Kelly, aló imos os Pimpíns!
No hay comentarios:
Publicar un comentario