Dende que se enviou a nota para casa de Van Gogh, Gene Kelly e Casares, foi incrible todo o que ao cole chegou!!! Guauuuuuuuuuuu!!! IMPRESIONANTE!
Cando vin a cámara! Puuffff, xa non era quen de saber de quen era cousa, xa non estaba segura, ...e iso que somos 14!!! Imaxinade o aluvión!!! Soamente dicirvos que o primeiro día, tiña un vídeo de 15 minutos de varios Pimpíns contando cousas! jiji! Tremendo! Por todo isto...
GRACIAS FAMILIAS!!!
Non sabedes que importante é que colaboredes así co colexio... Fundamental para os vos@s pequen@s!!! Estou preparando uns vídeos dos Pimpíns contándonos todo o que trouxeron e xa veredes xa, as súas caras de felicidade e éxito total cando contan o que a súa mamá ou papá, ou familia en xeral, lle axudou a facer na casa!
Deixovos de momento, unhas instantáneas da nosa clase! Na que xa case non nos queda ningún oco baleiro que usar para poñer máis traballos, manualidades, debuxos, etc. 😅
* 😕Falta a foto de todos os libros que temos expostos enriba dos estantes que tamén viñeron das casas.
* Anécdota: Títulos feitos polos Pimpíns! Un día estivemos practicamente unha hora enteira pintando as letras dos nomes dos diferentes artistas. Unha vez que algún Pimpín empezaba a cansarse de tanta cera, pregunta: E cantos artistas máis imos aprender???? Estes 3 ( di a profe). Aaaaaah, vale. (Contesta Pimpín) jajajajaja! Como dicindo...espero que ningún máis porque se de cada un, me fas pintar unha hora enteira!!! 😆Pimpíns 🔝!

No hay comentarios:
Publicar un comentario