Mañá, venres, imos ir a clase de 6º A a darlle aos nosos padriños de lectura un bo feixe de debuxiños!!!
Esperemos que lles gusten!!!
Aquí os tedes en primicia!!!😍👍
Para este debuxo tivemos que diferenciar e ter claros 2 conceptos distintos:
DEBUXAR E PINTAR
Co rotulador negro debuxo o que eu quero, pero non o pinto con ese rotulador. (A algún Pimpín costoulle moito entender esta idea. Soamente debuxar, nada de encher os ocos).
Unha vez feito o debuxo, collo as cores e póñome a enchelo de cor, a pintar.
O nome, escrito por nós, cada letra dunha cor para que resulte ben bonito. E o título do debuxo, escrito pola profe en lapis e repasado por nós cos rotuladores de punta fina.
No hay comentarios:
Publicar un comentario