viernes, 9 de marzo de 2018

8 DE MARZO

    Onte ao entrar na clase, fomos vari@s @s Pimpíns que dixemos que era o Día da Muller. Ao escoitar dicir muller, o primeiro que nos veu á cabeza foi falar das nosas nais de xeito espontáneo 💓💓💓 A miña mamá é moi forte, a miña moi guapa, a miña sábeo ttodo, a miña é lista, a miña sabe ler, a miña é a millor...foron os primeiros comentarios Pimpinos.
    Todos os días, @ encargad@ escribe a data, a serie numérica, as formas xeométricas  e unha palabra ou frase relacionada coa conversa da entrada. Esta vez a palabra foi, como non podía ser doutro xeito, a palabra MULLER! e a encargada de facelo, XIANA.


    Aleixo trouxo un libro para ler na clase moi interesante. 
PIONEIRAS

    Aleixo contounos que PIONEIRAS son as primeiras en facer algo, por exemplo, unha quería ser futbolista e conseguiuno! Wuooou! Este libro debe estar chulísimo! Onte non o puidemos ler, pero hoxe sí, a profe Estévez leunos este libro e sorprendeunos!Graciñas Aleixo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario