viernes, 2 de marzo de 2018

TIPO DE LIÑAS

   Este trimestre, gracias a Kandinsky, estamos aprendendo diferentes tipos de liñas. A este pintor fascinábanlle bastante os puntos e as liñas. El dicía que unha liña é un punto que se move no espazo. Certo, se facemos un punto nun folio e seguimos avanzando e avanzando temos unha líña!!!

   Estas son as que dominamos. E en serio, dominámolas!!! Preguntádenos, non temos nada que esconder! 😝🙌🙌🙌😉
       Empezamos coas abertas e as pechadas. As abertas, non rematan no mesmo punto, as pechadas sí, saen dun punto e volven a ese punto!

     A liña vertical e horizontal

   Xa a tiñamos dominada dende o ano pasado, porque sempre que traballamos coa ficha, falamos de colocala en posición vertical ou horizontal, ou cando debuxamos o rectángulo, hai 2 tipos, ou horizontal ou vertical, pero quixemos complicar máis a cousa.


   A liña diagonal/curva/ondulada/Zig-Zag
  Cando a liña recta se torce, é diagonal! 
  Tamén está a curva (como cando imos nun coche, sísí). 
  A ondulada, como as ondas do mar.
  O ZIG-ZAG, que nos fixo moita gracia. O código para que nos saia perfecta, tapa-pau-tapa-pau-tapa-pau e sáenos un zig-zag perfecto!!! Temos códigos e consignas para moitas cousas, e a verdade, é que este tipo de referencia verbal sírvenos moitísimo.

    Na aula pimpina estamos a todas horas escribindo todo, polo que cando saiu a palabra DIAGONAL, exclamamos: pero se ten dentro a IAGO!!! Encántanos descubrir palabras que teñen outras dentro. Ariana ten a Ana, e Xiana tamén ten outra Ana! 🙌🙌🙌



No hay comentarios:

Publicar un comentario